domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

"Queremos medrar para que un día o tenis de mesa poida encher estadios como o de Pasarón"

Entrevista y foto de familia a los nuevos Premios Cidade de Pontevedra en A Ferreria Vitoria Ogando Anxo Gonzalez y el Club de Tenis de Mesa de Monte Porreiro
Entrevista y foto de familia a los nuevos Premios Cidade de Pontevedra en A Ferreria Vitoria Ogando Anxo Gonzalez y el Club de Tenis de Mesa de Monte Porreiro
O club botou a andar en 1998. "Eran anos difíciles. E todo xurdiu como un labor social, a de sacar aos nenos das rúas", explica Nando Álvarez. Hoxe, o Tenis de Mesa Monte Porreiro suma 14 equipos, catro deles femininos, e é un referente en toda España. "Somos unha familia unida na que ten cabida todo o mundo", subliña

HAI 23 anos que o Club Tenis de Mesa Monte Porreiro botou a andar da man de Lucho Álvarez. «Esto nació con un propósito muy humilde. Y, finalmente, las expectativas se multiplicaron por dos millones. Nunca creí que llegaríamos a donde estamos. El trabajo de tantos años, dedicado a formar a niños tanto a nivel deportivo como personal, ha dado sus frutos», comenta o fundador e actual presidente da entidade deportiva. O seu fillo, Nando Álvarez (Pontevedra, 1977), é o adestrador do club, unha profesión da que se sente moi orgulloso. A entidade é hoxe en día a maior de Galicia na súa disciplina e un referente en toda España.

Canto tempo leva como adestrador do Tenis de Mesa Monte Porreiro?

Dende os inicios. O club fundouse en 1998. Fundouno meu pai, que segue a ser o presidente.

Como foron eses comezos?

Foron uns comezos moi especiais. O club iniciouse como un labor social. Esas son as súas raíces. O meu pai estaba daquela no plan comunitario de Monte Porreiro. Eran anos difíciles. Os noventa. E todo xurdiu como un labor social, a de sacar aos nenos das rúas. El xogaba de mozo ao pimpón na universidade e comentou a posibi- Nando Álvarez, onte, na Ferrería. lidade de comprar un par de mesas e darlles clases gratuítas aos nenos. Así comezou todo.

Fala vostede de pimpón, palabra maldita para moitos xogadores de tenis de mesa...

Non creas. Só hai que saber diferenciar. Unha cousa é o pimpón, que é o que se xoga en moitas casas. Iso é o pimpón, un xogo. Nós facemos tenis de mesa, que é un deporte realmente moi moi complicado. Este club naceu con esas raíces: sen moitos coñecementos ao principio, pero con ganas de facer algo diferente.

O Club Tenis de Mesa de Monte Porreiro leva unha traxectoria ascendente, chegando a competicións a nivel europeo. Como se consegue todo isto?

A clave é a unión. O que nos caracteriza a nós é que somos un club unido. Este é un deporte individual e que moitos consideran minoritario, unha palabra que non me gusta nada, porque cremos que o tenis de mesa é un deporte diferente e alternativo, como outros moitos. Que conseguiramos durante todo este tempo facer equipo dun deporte individual é moi importante para nós. Estamos considerados como un dos mellores equipos de España e non excluímos a ninguén. Os xogadores ou as xogadoras non teñen por que ter ningunha aptitude predeterminada para xogar ao tenis de mesa. Só fai falta actitude. E iso é o que nos diferenza do resto: somos unha familia unida na que ten cabida todo o mundo.

Como recibe o club este Premio Cidade de Pontevedra?

Este premio supón decatarse de que estás facendo algo bo e que o camiño que estás facendo é o correcto. Dende hai bastante tempo temos como obxectivo medrar e dar a coñecer o tenis de mesa e este deporte, pero, sobre todo, que a xente nos vexa como algo importante. Como un dos deportes que todos coñecemos (o fútbol).

Cantos equipos hai e usuarios ten agora mesmo o club?

Agora mesmo temos 14 equipos, catro deles femininos: un en División de Honra, un en Primeira Nacional, outro en Segunda Nacional e outro na Liga Galega. En ligas nacionais cinco e, o resto, en ligas autonómicas e galegas. Somos arredor de 150 compoñentes. E temos que pechar a entrada de xente que quere xogar porque non temos instalacións apropiadas. Por iso agradecemos á Deputación que nos facilite o Príncipe Felipe. O que queremos é medrar moitísmo para que un día o tenis de mesa poida encher estadios como o de Pasarón ou instalacións como o Pavillón de Deportes.

Vostede competiu?

Si, pero agora non. Teño unha lesión importante na columna. Hai 15 anos que deixei de xogar. Pero a miña aposta persoal foi formarme como xogador e formar aos nenos e ás nenas. E realmente saíu ben. Dende entón, conseguimos moitos ascensos e moitas medallas a nivel nacional. E agora chegar co primeiro equipo ao máximo nivel do deporte, para min é unha meta inimaxinable daquela.

Que lle pide ao 2022?

O 2021 foi, deportivamente, un ano moi difícil de superar. A consecución do Premio HQR! ao mellor equipo da cidade, por riba de todos os deportes, foi un orgullo tremendo. E este premio é alucinante. Pero para 2022 pido que non perdamos a ilusión que temos para seguir medrando e conseguir os obxectivos. Temos un apartado feminino incrible, que vén forte e está considerado dos mellores de España. Temos as mellores xogadoras de Galicia e queremos seguir loitando.

"Queremos medrar para que un día o tenis de mesa poida encher...
Comentarios