miércoles. 24.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 24.07.2019
El tiempo

"Quería darlle á Barbie unha vida digna"

As autoras da exposición, no Pazo Provincial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
As autoras da exposición, no Pazo Provincial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Deputación utiliza bonecas para amosar as situacións de opresión das mulleres, dende a fenda laboral ao matrimonio infantil

Barbies expostas para golpear, encadeadas a espellos e produtos de beleza, en botes de cristal listas para ser consumidas, estranguladas por gravatas ou encarceradas no fogar. Con 18 escenas de poesía visual, Isabel Blanco e Irene Silva reinterpretan a historia e os prexuízos arredor destas bonecas e das mulleres en xeral. "Quería darlle á Barbie unha vida digna", explicaba este mércores na inauguración da mostra Blanco.

Algunhas bonecas da exposición, no Pazo Provincial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Barbie2As bonecas aparecen representadas como símbolos de diferentes situacións de opresión que padecen as mulleres e, á súa beira, un martelo anima a romper con esas situacións. Precisamente así se chama a exposición: Rompe. Xoga en igualdade.

"A mostra é un xogo que pretende denunciar a evidencia para concienciarnos da necesidade de romper as regras do xogo", explicou Irene Silva, directora artística da mostra. Pola súa banda, Isabel Blanco explicou que leva 30 anos contando a mesma historia, "unha historia que se repite: a da violencia e a desigualdade sistemáticas". Do mesmo xeito, Isabel Blanco definiu a inauguración deste mércores como un acto "valente, de compromiso e sensibilidade".

Para inaugurar a mostra, que estará dispoñible no Pazo provincial ata o vindeiro 8 de abril, Carmela Silva estivo acompañada polas deputadas provinciais Eva Vilaverde, Digna Rivas, Chelo Besada e Montse Magallanes.

Algunhas bonecas da exposición, no Pazo Provincial. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - BarbieDeste xeito, Eva Vilaverde dixo que mostras como a que se presentou o mércores serven para visibilizar un problema e loitar para acadar a igualdade entre homes e mulleres. A deputada nacionalista recoñeceu que dende unha deputación non se poden crear grandes políticas contra o machismo pero que si é posible achegar un gran de area mediante actos coma o do mércores. Vilaverde referiuse a mulleres anónimas que cada día se enfrontan a situacións de machismo. Dende unha traballadora dunha explotación gandeira que cobrará unha pensión non contributiva porque nunca optou á titularidade da explotación a unha xornalista cun currículo brillante que nunca chegará a dirixr un medio de comunicación. "As mulleres deste Goberno mañá estamos en folga por elas e polas que xa non están", explicou.

A mostra recolle temáticas como a beleza, a prostitución, os ventres de aluguer, o matrimonio infantil ou o maltrato, entre outros. A presidenta provincial reivindicou que "hoxe estamos aquí mulleres loitando por un mundo diferente no que todas e todos teñamos a posibilidade de ser iguais, libres e construír espazos e territorios xuntas e xuntos". Trátase, en palabras de Carmela Silva, de "accións de denuncia das terribles discriminacións que padecemos as mulleres en todos os lugares do planeta, e hoxe queremos alzar as nosas voces para construír outra humanidade". A propia presidenta da Deputación de Pontevedra tamén confirmou que no día de hoxe non terá axenda xa que se unirá á folga feminista.

No fogar. Cociñeira

Reloxo con pezas de cubertería. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Barbie

Un reloxo feito coas pezas dunha cubertería serve como símbolo das horas que as mulleres pasan na cociña preparando a comida para os demais.

Beleza. Escrava do espello

Barbie no espello. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Barbie

As imposicións no que se refire á beleza tamén quedan reflectidas na exposición que inaugurou a Deputación. Unha Barbie escrava do espello denuncia os canons estéticos.

No traballo. Peor pagada

As mulleres, peor pagadas no traballo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Barbie

O mesmo título, o mesmo traballo, pero diferente remuneración. A mostra anima a romper tamén coa realidade do teito de cristal e a fenda salarial.

"Quería darlle á Barbie unha vida digna"
Comentarios