"Quixemos desmitificar o haxix e poñer os puntos sobre os íes"

O Liceo Casino acolle este xoves a estrea mundial do primeiro episodio de 'La guerra del hachís', a docuserie dirixida polo xornalista Víctor Méndez
Anabel Gulías y Víctor Méndez, en la presentación de La guerra del hachís. JAVIER CERVERA
photo_camera Anabel Gulías y Víctor Méndez, en la presentación de La guerra del hachís. JAVIER CERVERA

"Quixemos explicar realmente as consecuencias do tráfico de haxix, do mundo do crime organizado, desmitificando algunhas das cuestións que o rodean. Tratamos de poñer os puntos sobre os íes, amosando en pantalla o que lles sucede ás persoas que trafican con esta droga". Así explicou Víctor Méndez, xornalista de Diario de Pontevedra, o obxectivo da docuserie La guerra del hachís, que él mesmo dirixe, e cuxo primeiro episodio se poderá ver este xoves (Liceo Casino, 20.30 horas, entrada libre ata completar cabida), cinco días antes de que o estree Movistar+. A plataforma emitirá os dous episodios que compoñen o traballo audivisual a nivel internacional.

A obra amosa o funcionamento do crime organizado ao redor do tráfico desta substancia e da espiral de violencia que xera, así como as consecuencias nas vidas dos implicados. Está producida polas pontevedresas Narcodiario e Imaco. O Concello de Pontevedra é unha das administracións colaboradoras, destacaron este martes tanto o propio Méndez ("sen o seu apoio sería imposible") como a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, quen explicou na súa comparecencia que a colaboración do Concello busca apoiar o carácter "divulgativo e preventivo" desta docuserie, tendo como fin "espir o mundo da droga", máis aínda se cabe o mundo do hachís, que semella "máis banal e inocuo" no imaxinario popular pese a que, subliñou o xornalista, "entre 2018 e 2023, só nas provincias do sur de Andalucía, se incautaron de 1.300 millóns de quilos de haxix". Tamén colaboran a Deputación e Uned Pontevedra.

"Imos ver o primeiro episodio, unha mostra do que sucede nese negocio do tráfico de haxís –explicou Méndez-.  Estamos dentro das operacións. Por primeira vez un medio audiovisual vai estar dentro, desde a primeira reunión na que van deter a un grupo de narcotraficantes, ata o momento no que entran na súa vivenda e o deteñen. Vai estar diante da cámara, respondendo ás preguntas, un destacado integrante do cártel dos Balcáns, que domina o tráfico de drogas a nivel internacional agora mesmo".

A proxección completarase cun coloquio posterior no que participarán autoridades dos corpos e forzas de seguridade de Pontevedra e de grupos antidroga de Portugal, Cataluña e Andalucía.

Comentarios