Rajoy participa este martes na campaña do PP en Pontevedra

Ademais de a Boa Vila visitará tamén Vigo ► Casado visita este sábado Lalín
Mariano Rajoy. JAVIER CERVERA-MERCADILLO / ARCHIVO
photo_camera Mariano Rajoy. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, participará na campaña das Xerais o vindeiro martes en diferentes actos dos populares na provincia de Pontevedra. 

En concreto, visitará Pontevedra e Vigo, e previamente será Pablo Casado quen visite Galicia, nun acto este sábado en Lalín ao que se esperan unhas 2.000 persoas. 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou a presenza do exmandatario, "unha honra" para os populares galegos e para "moitos españois que hoxe botan de menos o seu sentido común fronte á política frívola de Pedro Sánchez". 

"En ambos os sitios –Pontevedra e Vigo recibirá o agarimo dunha cidadanía que sabe que ten moito peor presidente do Goberno agora que hai dous anos e que Galicia perdeu a un gran aliando na Moncloa, o mesmo día que gañaron os independentistas, os nacionalistas e os populistas", sinalou. 

Pola súa banda, destacou que o candidato popular á Presidencia, Pablo Casado, terá a ocasión de demostrar ser mellor presidente que Sánchez "se os cidadáns danlle a súa confianza" a partir do 10 de novembro.

Comentarios