O Concello calcula que recadará 150.000 euros ao ano cunha taxa ás empresas de telefonía

Os importes máximos poderán chegar aos 300.000 euros

Antena de telefonía móvil. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Antena de telefonía móvil. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os membros da Comisión de Economía e Facenda recibiron este martes o borrador da nova ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa e aproveitamentos especiais no solo e subsolo da vía pública a favor de empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil.

Os grupos municipais recibiron este documento para facer achegas e a Comisión volverá a reunirse para ditaminar a proposta.

O concelleiro de Facenda, Raimundo González explicou que a recadación por este novo tributo poderá roldar os 150.000 euros, aínda que os importes máximos poderán chegar aos 300.000 euros.

Como dato salientable, cabe destacar que o borrador de ordenanza recolle un coeficiente de corrección do 0,30 aplicable ás empresas que teñan un número de liñas de móbiles de prepago e pos-pago que non superen as 5.500.