Piden cinco anos de prisión por introducir droga na Lama durante os cara a cara

Os acusados xa foran condenados anteriormente polos mesmos delitos
Vistas de la cárcel de A Lama. DAVID FREIRE
photo_camera Vistas interior do cárcere da Lama. DAVID FREIRE

Unha parella enfróntase a cinco anos de cárcere por supostamente tratar de introducir droga no centro penal da Lama (Pontevedra) após manter un cara a cara. A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle o vindeiro martes 17 de novembro o xuízo contra a muller e a súa parella, que no momento dos feitos, abril de 2019, cumpría condena.

A Fiscalía sostén que o 12 de abril a muller dirixiuse ao centro penal da Lama levando consigo 2,5 gramos de cocaína e 30 gramos de haxix, cun valor estimado de 250 euros e 170 euros, respectivamente. A parella, continúa o Ministerio Público, aproveitou o encontro para que o home introducise a droga no centro para a súa posterior venda

Con todo, o acusado foi cacheado no momento de regresar á súa cela. Os funcionarios descubriron que levaba a cocaína escondida nunha zapatilla e o haxix nun condón introducido na cavidade anal
Así as cousas, os dous procesados enfróntanse a senllos delitos contra a saúde pública por tráfico de drogas. De feito, ambos contan con condenas previas polo mesmo delito. 

Comentarios