A reforma do Mercado, un pulo para o atractivo do casco histórico

A iniciativa pare do Concello de Pontevedra e a sociación CCU-Zona Monumental

Lago (CCU ZM), Fernández Lores e Gulías tras firmar o convenio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Lago (CCU ZM), Fernández Lores e Gulías tras firmar o convenio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O obxectivo compartido dende hai anos polo Concello de Pontevedra e a Asociación CCU-Zona Monumental é facer do centro histórico un espazo "con atractivo comercial e para o ocio e con atractivo residencial", polo que a reforma do Mercado de Abastos co seu espazo gastronómico serán clave para conseguilo.

Así o dixeron este xoves na sinatura dun novo convenio anual de colaboración entre a Administración e o colectivo por 22.625 euros para organizar e desenvolver actividades de promoción do comercio como as festas de inicio ou despedida das clases, a recepción dos Reis Magos ou os programas de rebaixas e promocións comerciais, así como PonteNadal. "A asociación é un motor esencial", dixo el alcalde do municipio Miguel Anxo Fernández Lores.

Comentarios