martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

A reforma integral de Barcelos, prevista para 2020, reordenará o estacionamento

Lores ante a pegada de Armstrong na Lúa, da que se cumpriu medio século o día da acta de replanteo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Lores ante a pegada de Armstrong na Lúa, da que se cumpriu medio século o día da acta de replanteo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A remodelación, anunciada por Fernández Lores, afectará ao pavimento perimetral da praza, cambiará o interior e reforzará o seu carácter peonil ►O seu estado actual "canta moito" ►Pola súa parte, a remodelada Rúa do Rouco recorda a chegada do home á Lúa

A remodelación integral da praza de Barcelos será a vindeira actuación urbana do Concello de Pontevedra, que xa está elaborando un proxecto. Así o anunciou este mércores o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha visita á rúa Rouco, cuxa reforma acaba de rematar. "É unha rúa céntrica que estaba nunhas malas condicións de servizos e con excesivos coches. Estamos moi satisfeitos de como quedou, sobre todo pola seguridade dos nenos".

Respecto a Barcelos, afirmou que o pavimento perimetral, se atopa "en moi malas condicións" e "canta moito, independentemente de que a nosa prioridade son os tráficos peonís" e os coches están "nun segundo plano". Así, vaise mellorar e tamén "cambiar os aparcamentos en superficie", que poderían pasar de batería a liña, coa previsible perda dalgunha praza. En todo caso, o edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, matizou a este respecto que "xa veremos".

A obra, que tamén contemplará o redeseño do interior da praza, non ten data fixada, aínda que en todo caso será ao longo do vindeiro ano. "Hai unha decisión política. É unha praza céntrica da cidade que ten moita vida, hai que mellorala e será o antes posible", pero "non vou poñer unha data". Neste ámbito só queda por remodelar a rúa Pai Fernando Olmedo. "Estamos rematando a cidade e seguiremos traballando todos os días para mellorar a calidade de vida dos pontevedreses".

Lores tamén se referiu ao agardado traslado do transformador que se atopa no recinto do CEIP Barcelos, aínda sen data. "A decisión está tomada. O Concello fará a obra civil e eles as celdillas". En todo caso, Unión Fenosa Distribución "garantiza que coa mellora do sistema xa se eliminou calquera risco" mentres non se mova de sitio. "Deixouse a infraestrutura feita para a conexión". Despois do traslado pintaranse uns xogos no pavimento entre o colexio e a praza, tras consensualo coa Anpa.

ROUCO. MÁIS SEGURIDADE PARA OS ESCOLARES

Huella de Neil Armstrong en la calle Rouco. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A obra de Rouco inclúe dúas lousas de pedra na beirarrúa que lembran o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, xa que a data coincidiu co día que se fixo a acta de replanteo desta actuación.

O alcalde amosouse especialmente "satisfeito", sobre todo porque os máis cativos entran polo lateral do colexio onde se ampliou a beirarrúa a cinco metros, garantindo a súa seguridade.

A reforma foi executada pola empresa E.C. Casas por un orzamento de 167.593,16 euros e conta cun prazo de execución de catro meses. O proxecto contemplaba a reordenación da rúa, redistribuíndo os espazos urbanos no ámbito do centro escolar.

Así mesmo, mantívose unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. A calzada foi repavimentada logo da renovación das redes de pluviais e de sumidoiros. Tamén se instalou novo mobiliario urbano (cinco papeleiras, sete bancos e dez aparcabicis) e mellorouse a iluminación.

A reforma integral de Barcelos, prevista para 2020, reordenará o...
Comentarios