Regresa a Itineranta!

A compañía 'Rum rum...Trasto Karts' abriu a décima edición deste festival teatral ó aire libre
Itineranta. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Itineranta. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A décima edición de Itineranta comezou a quentar motores! As rúas da cidade pasaron dende o mércores a converterse nunha sala de teatro ao aire libre no que os máis pequenos xogaron, riron e mesmo salvaron a cidade da caída dunha bomba. A música, o espectáculo e o lucerío xa forman parte desta edición de animación na rúa, que se inaugurou ás 20.00h da tarde cun espectáculo clásico no que un condutor malvado perdeu fronte ao científico tolo na carreira de coches da produción de Xip Xap, 'Rum rum...Trasto Karts'.

20190731_JoseLuizOubina_300O asombro reflectido na cara dos máis pequenos conxugouse coa admiración que nos seus pais despertou a consecución dunha posta en escea chea de guasa e enerxía. A variedade de cores, a banda sonora dual a modo de confrontación entre o malo e o bo e a continua interacción que protagonizaron os personaxes do show co seu público foi forxando certa expectación de cara ás seguintes actuacións, encabezadas por Tutatis, co seu espectáculo premiado en Dinamarca e Alemaña 'Caballos de Menorca', e por Efimer, fundadora da coreografía de 'The dance of death', un festival cheo de luz e do calor do lume liderado por un títere xigante de seis metros.

A creación teatral 'Bangaluru Cercavila', da compañía Todo Zancos de Badalona, que representa o festival de cores de Punxab como celebración da primavera hindú, abrirá a xornada do xoves ás 19:45h, partindo da rúa Benito Corbal. O desfile atravesará a Peregrina e Curros Enríquez para, finalmente, desembocar na Praza do Teucro e rematar así a conmemoración a numerosos acontecementos mitolóxicos. O domador e mestre de cerimonias Mahant, xunto cos Qawwalis (acróbatas e zancos), deleitarán aos espectadores da rúa cunha función que pretende facer esquecer por un momento as normas sociais e que invita a agradecer o que hai de bo nas nosas vidas.

As peripecias de Ainé sobre unha gran bóla de folla de lata na obra 'Ulterior El Viaje', da compañía Tiritirantes, desempeñará o resto da programación desta noite xunto con 'Pákostein' (Discípulos de Morales), unha caricatura teatral de Frankenstein, a célebre novela de Mary Shelley, e 'Recyklantez',de K de Calle.

20190731_JoseLuizOubina_300 (1)Os espectáculos de animación durarán ata o dous de agosto. As primeiras actuacións, celebradas arredor das oito da tarde os tres días, teñen como principal destinatario ao público infantil, aínda que todos son ben recibidos polos intérpretes das máis de dez compañías artísticas que estrean o décimo aniversario de Itineranta. As funcións nocturnas derivan o seu contido infantil a unha temática máis dilatada para facer desfrutar a todos os públicos.

Comentarios