lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Regreso aos museos

Primeiros visitantes no Sexto Edificio. MUSEO DE PONTEVEDRA
Primeiros visitantes no Sexto Edificio. MUSEO DE PONTEVEDRA
Con aforos reducidos, o Museo de Pontevedra e o CITA reabren na capital da provincia ao mesmo tempo que o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, o Castelo de Soutomaior e o Museo Manuel Torres de Marín  O Sexto Edificio incorpora, ademais da obrigatoriedade de máscaras e do uso de xel hidroalcohólico, a medición da temperatura dos visitantes

Máscaras, distancias de seguridade, desinfectante... Un cartel na entrada do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra informaba dos cambios que se produciran á hora de poder acceder ás súas salas de exposicións dende que botaran o peche o pasado 13 de marzo, apenas unhas horas despois de abrir ao público a súa última exposición, Dibujantas, ata este martes, cando reabriu. Polo medio, unha alerta sanitaria e un estado de alarma por mor da expansión do coronavirus.

O Museo reabriu cun aforo reducido ao 30%, como a grande maioría dos espazos para a arte da comarca que optaron por volver recibir visitantes. Entre eles están o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) de Pontevedra, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, o Castelo de Soutomaior e o Museo Manuel Torres de Marín. No caso do Museo de Pontevedra, ademais da obrigatoriedade no uso de máscaras e de xel hidroalchólico, tamén se lle mide a temperatura aos visitantes antes de acceder para comprobar que non teñen febre.

GON CITA: reapertura do Cita. Primeiros visitantes (se os houbera), martes, 2 jun · 11:00–12:00O Sexto Edificio, que reabriu coas exposicións permanentes e coas dúas últimas mostras temporais que tiña colgadas (prorrogadas ata o 30 de agosto), unha adicada a Leopoldo Nóvoa e outra ás ilustradoras do ABC e de Blanco y Negro do século pasado, Dibujantas, recibiu 15 persoas ao longo da mañá. "Todas de Pontevedra menos dúas que confimaron ser de Santiago de Compostela", informou a Deputación. O PAAR de Campo Lameiro tamén fixo balance das primeiras visitas: dúas familias, unha delas de Pontevedra e outra con vínculos no propio concello de Campo Lameiro, que aproveitaron a primeira xornada para percorrer todo o recinto.

O persoal do parque extremou as medidas de precaución na parte cuberta do centro, onde si hai límite de aforo e están marcados sobre o chan os sinais de separación. Dentro é obrigatorio o uso de máscaras, non se pode tocar a exposición didáctica e o persoal está pendente de que nos circuítos non se produza excesiva proximidade. Mentres dure a fase 2, o parque non terá servizo de bar ou restaurante. O centro mantén as súas tarifas de 4,50 euros para público xeral.

As Ruínas de San Domingos, pendentes de reabrir en xullo
A Deputación mantén pechadas as Ruínas de San Domingos, un dos espazos máis visitados do Museo, dende o ano pasado, cando se tivo que tratar unha fenda. Segundo informou onte a institución provincial, dende entón vénselle facendo un seguimento que agora debería estar pendente dun último informe favorable de Patrimonio para proceder á reapertura, "previsiblemente a primeiros de xullo".

 

A Deputación nomeará un equipo de arquitectos para a obra do Museo
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (boppo.depo. gal) informou esta semana da convocatoria do nomeamento interino dun arquitecto e dun arquitecto técnico para a execución da obra do soto que unirá os edificios centrais do Museo de Pontevedra. Trátase dun paso máis na execución do proxecto, que conta tamén cun informe xeotécnico favorable.

Regreso aos museos
Comentarios