Rehabilitan 50 metros da senda dos Gafos afectados polas escorrentías

Os traballos, organizados por Desenvolvemento Sostible e executados por Ferrovial, contan cunha achega de 3.000 euros
Traballos na senda fluvial do río dos Gafos. CONCELLO
photo_camera Traballos na senda fluvial do río dos Gafos. CONCELLO

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural executou este xoves unha actuación de emerxencia destinada a reparar os desperfectos que os temporais de choiva rexistrados en decembro provocaron na senda fluvial do río dos Gafos.

O departamento dirixido por Iván Puentes rehabilitou arredor de 50 metros do treito de sendeiro que percorre a zona de Ponte Boleira, no entronque coa avenida de Vigo, onde as escorrentías provocaran arrastres de terra e fochancas de grandes dimensións.

Segundo explica o edil socialista, a intervención foi realizada por un equipo da empresa concesionaria Ferrovial, contou cun orzamento de 3.000 euros e "permitiu a reparación de todas as fochas mediante un pavimento de terrizo de xabre cunha porcentaxe de cemento de cor ocre, que lle dará máis estabilidade de cara ao futuro. As obras incluíron ademais a revisión e mellora das escaleiras de madeira que conectan a senda dos Gafos coa avenida de Vigo neste punto, que tiñan algunha peza e chanzo en mal estado", indicou Puentes.

Operarios trabajando en la senda del río Gafos. CONCELLO

A acción das enchentes que o río sofreu o pasado mes tamén provocara o arrastre de dúas pasarelas de madeira que facilitan o tránsito polo sendeiro dos Gafos nas inmediacións da Ponte Valentín. Un grupo de voluntarios da Concellería de Deportes e a Sociedade Ximnástica que colabora coa Rara pero San Silvestre encargouse de devolvelas á súa ubicación habitual o pasado 5 de xaneiro.

Operarios trabajando en la senda del río Gafos. CONCELLO (3)

Comentarios