Luis Rei: "No urbanismo de Pontevedra imperou o caos e o mal gusto"

El candidato de Marea Pontevedra a la Alcaldía contestó a las preguntas de los lectores. Consulte sus respuestas
Luís Rei
photo_camera Luís Rei

Luís Rei, candidato de Marea Pontevedra a la Alcaldía, responde a los lectores e internautas que enviaron sus preguntas a Diario de Pontevedra:

►(Juan José Esperón): ¿Cómo ve a situación das parroquias?

-Creo que son os grandes ignorados da política local, independentemente de quen estivese gobernando. Seguen sen dispoñer de abastecemento de auga e de saneamento. E tampouco teñen ben resolto o problema do transporte, porque o Concello segue sen cumprir a lei que obriga a establecer un sistema público. En Pontevedra, un tercio da poboación vive nas parroquias da periferia, e para Marea son veciños que van gozar de consideración de cidadáns de primeira.

►(Eva Prado) ¿Qué opina de las corridas de toros? Si está en el gobierno, ¿mantendrá el convenio con la empresa de la plaza?

-Ese convenio cústalle ós veciños de Pontevedra 48.000 euros ó ano, e o goberno municipal do Bloque-PSOE seguiuno mantendo todos estes anos. É dicir, no último mandato "tragou" 200.000 euros de todos. Marea Pontevedra non o renovará. Non está na nosa man impedir que sigan celebrándose en espazos públicos sacrificios de reses bravas, e a praza de touros é dunha empresa particular que pode lucrarse diso, pero o concello debe estar totalmente á marxe e non gastar nin un só euro.

►(Pousada): ¿En el supuesto de que Luís Rei fuese alcalde, qué sería lo primero que cambiaría?

-Temos un concello que foi totalmente opaco ós cidadáns nestes anos, ata o punto de que Transparencia Internacional, entre 110 concellos avaliados en todo o Estado, sitúa o noso como o cuarto menos transparente; e, en materia de contratos públicos, o peor dos 110. Tampouco somos un modelo de participación. Creo que o primeiro que se debería facer é abrir as portas e as ventás a todos os veciños e, a seguir, presentar un Plan de Emerxencia para axudar ós máis de 17.000 homes, mulleres e nenos que viven en risco de exclusión. Ese plan estaría dotado con medio millón de euros, o 0,7 por cento dos orzamentos. A administración máis próxima ós veciños, debe ser tamén a máis sensible cos que o peor o están pasando.

►(Rosalía Cochón): ¿Qué opina de los demás candidatos?

-O señor Fernández Lores converteu a política na súa profesión, e pretende bater o récord de permanencia á fronte da alcaldía, na que leva dezaseis anos (ós que hai que sumarlle outros tantos como concelleiro da oposición). Creo que os cargos son un servizo temporal, e o seu tempo de estar á fronte da alcaldía pasou xa, porque debe abrirse paso á renovación. O señor Moreira o único que acreditou estes anos foi a facilidade para xerar división entre os seus (forónselle catro concelleiros do seu grupo), polo que a súa carta de presentación non é moi boa. O señor Fernández vai recoller o que o PSOE, e el, sementaron estes catro anos, e teño a sensación de que será unha colleita moi cativa. Ós demais desoñecíaos e non teño opinión sobre eles.

►(Félix Santomé): ¿Ve posible realizar un PXOM nos próximos catro anos, cando non puideron nos últimos 16?

-Coido que dezaseis anos é tempo abondo para redactar, aprobar e poñer en marcha un PXOM. A moitos concellos galegos fíxolles falta menos tempo para facelo e, se aquí non se fixo é porque o concelleiro responsable da materia todos estes anos, o señor Mosquera, tivo un nulo interese en dispoñer dese documento. Así puido ir definindo o crecemento urbanístico, no que imperou o caos e o mal gusto, ó seu criterio. Esa aposta de Mosquera, ademais, custounos a todos os veciños un millón de euros, que é o que houbo que pagarlle ó equipo redactor dun plan que agora está metido nun caixón ou, directamente, na papeleira. Marea Pontevedra impulsará os traballos de redacción dun novo PXOM, negociado con todos os interlocutores sociais, e comprométese a telo listo durante o mandato vindeiro.

►(Anxo Refojo): ENCE, ¿traslado, si ou non?

-Marea Pontevedra aposta pola fin da permanencia de ENCE na ría en 2018. É a data que quedou establecida na Lei de Costas de 1988, en que se lle concedía un prazo de trinta anos máis de actividade, e ese prazo remata dentro de tres anos. Cremos que houbo tempo máis ca suficiente para negociar unha saída (nós seguimos apostando por un traslado) con custe social cero, e non se fixo. Non o fixo o PP, pero tampocuo non o fixeron nin o PSOE nin o Bloque, que gobernan xuntos no concello, que gobernaron xuntos na Xunta de Galicia e que tiveron gobernos "amigos" en Madrid. Para nós, o resultado de toda esa neglixencia non pode ser que Pontevedra siga co "peor dos seus veciños" limitando as posibilidades do marisqueo, o mar e o turismo da comarca. Ademais, comparar o peso de ENCE en Pontevedra, con pouco máis de 200 empregos directos, co de Citroen en Vigo, con máis de 7.000, é un insulto á intelixencia. Pero é o que acaba de facer o señor Feijoo, ó tempo que cambiaba a que foi a posición oficial do seu partido estes anos, favorable ó traslado. 

►(Raúl Fernández): De todo lo hecho en estos años por el BNG en la ciudad, ¿qué cambiaría, qué suprimiría y qué mejoraría?

-Cambiar: aumentaría o gasto social, no que estamos na cola de todo o Estado. Suprimir: as partidas destinadas a auto-bombo e propaganda. Mellorar: o planeamento urbanístico, demasiado condicionado pola improvisación e o dubidoso criterio do señor Mosquera.

►(JR): ¿Cuáles serían las condiciones de Marea Pontevedra para formar un hipotético gobierno de coalición?

-Se cadra para os demais non tanto, pero para nós o programa é o contrato que se establece entre os representantes públicos e os seus electores. As nosas condicións sairían de aí, da decisión soberana do colectivo que impulsa a Marea, e mais do que nos indiquen os veciños nun proceso de consulta que imos promover antes da propia cita do 24-M

►(Abrumadora): ¿Qué opinión le merece el cómic del BNG del que tanto se habla y, en concreto, la referencia a que MArea "naufragará"?

-Máis alá do evidente plaxio, vexo retratado un mundo no que as mulleres, tamén as do grupo de goberno, non son máis ca un cero á esquerda. É dicir, o mundo do Bloque pontevdrés é un mundo de "machotes". Sobre o trato que lles dan ós demais, non é certo, como dixo o señor Lores, que sigan o exemplo de Castelao, que unía humor e política. Castelao unía humor e política, pero sempre contra os caciques. Nesta historieta do Bloque, o humor e a política xúntanse a favor dos caciques.

Comentarios