Os Reis Magos ultiman os preparativos para o seu desfile en Pontevedra

As súas maxestades de Oriente estarán na Boa Vila o vindeiro 5 de xaneiro
Unha das carrozas que se empregarán no desfile dos Reis Magos (4). CONCELLO
photo_camera Unha das carrozas que se empregarán no desfile dos Reis Magos. CONCELLO

Unha das carrozas que se empregarán no desfile dos Reis Magos. CONCELLO (2)Os Reis Magos están a perfilar os últimos detalles de preparación do desfile que protagonizarán en Pontevedra o vindeiro 5 de xaneiro.

Tal e como é costume, as súas maxestades de Oriente e os seus axudantes atópanse traballando no obradoiro para a posta a punto das terrazas que empregarán para visitar aos máis pequenos e pequenas da Boa Vila.

Nos vindeiros días, unha vez confirmada a súa presenza, comunicarán o horario de chegada e o percorrido que realizarán, que dependerá das medidas de seguridade pertinentes na loita contra a pandemia do coronavirus.