miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O tráfico en Xosé Malvar verase restrinxido pola reparación da canalización dun regato

A rúa José Malvar. GOOGLEMAPS
A rúa José Malvar. GOOGLEMAPS
A obra comezará o vindeiro martes e prolongarase durante unhas seis semanas

A concellaría de Obras de Pontevedra, xestionada por Demetrio Gómez iniciará o vindeiro martes a reparación da rúa Xosé Malvar no tramo polo que atravesa o regato de Valdecorvos. Coa actuación, , que terá un coste de 106.000 euros, substituirase o tubo de aceiro que canaliza o regato, por un de igual capacidade de formigón armado.

Gómez explicou este venres que o pasado día 5 de agosto fíxose unha reparación de urxencia cunha pavimentación provisional e que agora procederase á citada actuación

Para facer estes traballos e garantir o tránsito de vehículos e peóns, executarase a obra en tres fases que se demorarán nun prazo aproximado de seis semanas.

A primeira fase consistirá en substituír o tubo no carril de subida da rúa. Para isto farase unha gabia de 10,76 metros e quedará libre un espazo de máis de 10 metros no que se habilitarán dous carrís de circulación (subida e baixada) e un paso de peóns. O tráfico pesado será desviado pola Seca, mentres que os autobuses poderán subir por Xosé Malvar e baixar por Casimiro Gómez, algo que se manterá durante as 3 fases da reparación.

A segunda fase consistirá na substitución central da tubaxe, habilitando carrís de subida e baixada ao arredor da gabia.

Finalmente, a terceira fase será a substitución do carril de baixada, polo que haberá que trasladar o paso de vehículos e peóns cara a outra beira da vía.

Estes traballos faranse en 4 semanas, e despois, nas 2 seguintes, faranse remates de obra.

O concelleiro de obras explicou que a día de hoxe descoñécese o estado do tubo no carril de baixada de Xosé Malvar polo que os prazos de apertura poderían demorarse en función do que se atope no seu tránsito.

O tráfico en Xosé Malvar verase restrinxido pola reparación da...
Comentarios
ç