O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou a cinco cachorros arroxados dentro dunha bolsa atada nun colector na Cañiza.
Os animais, tres femias e dous machos, tiñan tan só un día de vida e atópanse en relativo bo estado de saúde a pesar das circunstancias.
Nestes momentos están a recuperarse nas instalacións da área de maternidade do centro na Armenteira.