A residencia Saraiva celebra un mercadiño con produtos feitos a man

O diñeiro recaudado será doado a Asociación Galega de Axuda a Ucrania (AGA Ucrania) ► No evento poderanse atopar produtos feitos a man polos residentes e por todos aqueles usuarios que queiran deixar algo feito por eles mesmos ► A iniciativa estará aberta a todos os públicos ata o 6 de xaneiro 

Integrantes de Saraiva amosando algúns produtos artesán. DAVID FREIRE
photo_camera Integrantes de Saraiva amosando algúns produtos artesán. DAVID FREIRE

O Centro de día e de aloxamiento para persoas maiores, Saraiva, abríu este luns o seu mercadiño solidario artesán. Esta iniciativa que acaba de cumprir a súa cuarta edición estará aberta a todos os públicos, de luns a venres (de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas) ata o 6 de xaneiro.

O mercado estará dispoñible dentro das instalacións da residencia na Rúa Don Gonzalo, 8-10. Familias, traballadoras do centro e persoas que residen ou que fan algunha actividade no centro contribúen para que haxa sempre materiais artesanais no mercado. Segundo a directora deste centro de día, Cristina Bouzada e a terapeuta, Rocío Pereira, o obxectivo desta iniciativa é crear comunidade e doar o diñeiro á Asociación Galega de Axuda a Ucrania (AGA Ucrania). "El objetivo es que se sientan ellos (los residentes) realizados. También sirve para sentirnos todos más unidos", expresa a directora de Saraiva.

Dende decoracións navideñas, bordados, chaveiros, prendas e obxectos de lá –todo feito a man– pódense atopar a un precio económico nesta iniciativa solidaria. "Ahora sin tantas restricciones podemos abrirnos más a la comunidad y qué mejor manera que hacerlo de esta forma", expresa la terapeuta del centro.

As residentes, Eugenia Piñeiro e Emilia Vidal corroboran a ledicia que lle aporta contribuír a facer as pezas decorativas para o mercadillo. "Siempre es una opción para conocer a más gente y hacer otras cosas", explica Eugenia. "Estamos trabajando muchísimo en estos adornos", expresa Emilia.

Comentarios