lunes. 27.01.2020 |
El tiempo
lunes. 27.01.2020
El tiempo

Restauran a ponte que conecta a Illa das Esculturas co campus da Xunqueira

Imaxe anterior aos traballos realizados sobre a ponte. GSV
Imaxe anterior aos traballos realizados sobre a ponte. GSV
Supuxo a reparación dos arcos en mal estado e a substitución da soleira con pezas de madeira de elondo

Aproveitando a ausencia de precipitacións dos últimos días, os operarios da empresa Carpintería Abilleira están a apurar ao máximo os traballos de restauración da pasarela de madeira que conecta a Illa das Esculturas co campus deportivo da Xunqueira, de xeito que poidan estar completados na vindeira semana.

A actuación, executada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural cun orzamento de 15.342 euros, supuxo a reparación dos arcos en mal estado e a substitución da soleira con pezas de madeira de elondo. A ponte, que permite atravesar o canal interno da Illa das Esculturas, presentaba evidentes problemas de conservación e síntomas de podremia.

"A renovación desta ponte enmárcase dentro das tarefas de mantemento coas que se busca conservar en perfecto estado de uso as estruturas desta contorna natural", manifestou o edil de Medio Natural, Iván Puentes.

Restauran a ponte que conecta a Illa das Esculturas co campus da...
Comentarios