Pontevedra acolle a próxima fin de semana o Campionato de España de Triatlon Sprint, unha cita deportiva de primeiro nivel que obrigará a realizar algunhas restricións de tráfico.
O Concello de Pontevedra informou este martes de cales serán as principais afectacións no tráfico. Así, a Avenida de Bos Aires, no seu tramo entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte das Palabras, permanecerá pechada ao tráfico desde as 8.00 horas do venres ata as 22.00 horas do domingo por motivos loxísticos e de organización.
Ver máis | As obras en Xosé Malvar provocarán cambios no tráfico desde este martes
Tamén compartiu tres planos, un xeral sobre a mobilidade e dous planos detalle: o primeiro sobre as inmediacións da Avenida de Compostela e outro sobre a glorieta da Avenida de Bos Aires con Xosé Malvar.
x