Restricións de tráfico en Loureiro Crespo, Xoán Carlos I e Ricardo

Os cortes comezarán a partir deste xoves
Obras na rúa Loureiro Crespo. DAVID FREIRE
photo_camera Obras na rúa Loureiro Crespo. DAVID FREIRE

Diversos tramos da avenida Xoán Carlos I e as rúas Gaiteiro Ricardo Portela e Loureiro Crespo experimentarán cambios no seu tráfico rodado nos próximos días.

En concreto, durante as xornadas do xoves e o venres, entre as 8.00 e as 20.00 horas, está previsto que se restrinxa o tráfico nun tramo de Xoán Carlos I e na glorieta con Gaiteiro Ricardo Portela, co obxecto de proceder a rehabilitar a capa de rodadura en dous puntos deste vial para subsanar o deterioro que presenta.

A actuación, que se enmarca nas reposicións de firme que se están a realizar en diversas rúas da cidade dentro do contrato de mantemento de espazos públicos, conleva un plan de tráfico específico durante as dúas xornadas. Así, o treito da avenida Xoán Carlos I comprendido entre a avenida de Lugo e a rúa San Mauro permanecerá pechada ao tráfico e só se permitirá o acceso a garaxes.

Cortes tráfico Juan Carlos I

No relativo á actuación na glorieta Xoán Carlos I con Gaiteiro Ricardo Portela, o tráfico afectará aos accesos desde Pintor Laxeiro (por rúa Lagares e por Xoán Carlos I) e Ricardo Portela que se limitarán exclusivamente a garaxes ubicados antes da zona de obras. Mentres, o tráfico pola avenida Xoán Carlos I no sentido avenida de Lugo cara a rúa Pintor Laxeiro non sufrirá restriccións.

Cortes tráfico Juan Carlos I con glorieta Gaiteiro Ricardo Portela

LOUREIRO CRESPO. Pola súa banda, as obras de reforma de Loureiro Crespo e do barrio do Castañal avanzan, a partires deste xoves, cara ao tramo comprendido entre as rúas Ernesto Caballero e Rodríguez Seoane.

Ao igual que nos treitos anteriores, estes traballos comezarán co levantamento do actual pavimento para proceder á instalación dos novos servizos soterrados, o que leva aparellado un plan especial de tráfico. Así, o acceso aos garaxes do tramo en obras realizarase pola rúa Loureiro Crespo, polo carril que se manterá operativo ao tráfico (sentido centro cidade).

A partir da intersección coa rúa Rodríguez Seoane permítese a circulación cara á avenida de Lugo.

Cortes tráfico Loureiro Crespo

A reforma de Loureiro Crespo e O Castañal deu inicio o pasado 27 de abril e que é unha das máis ambiciosas das proxectadas na cidade, cun orzamento de preto de tres millóns de euros para a actuación completa. Cun prazo de execución de once meses, estenderá os estándares de calidade urbana propios do Modelo Pontevedra a unha das entradas da cidade, e que comprende as rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas, ademais da propia Loureiro Crespo.

O traballo implica a renovación da pavimentación e o largo das beirarrúas e varios puntos, ao tempo que inclúe a renovación de todos os servizos, a instalación de nova iluminación, novo mobiliario urbano, e a plantación de novas árbores en algúns dos treitos.

Comentarios