Restrinxen o estacionamento na rúa da Barca polos traballos de limpeza

A zona de estacionamento estará valada desde o mércores pola tarde
Rúa da Barca. GSV
photo_camera Cochaes aparcados na rúa da Barca. GSV

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, continúa cos traballos de limpeza na rúa da Barca, dende a rotonda de Concepción Arenal até a rotonda con Avenida de Uruguai, segundo informou o Concello este martes.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do vindeiro xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde e prohibirase o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de toda a veciñanza e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.

Comentarios