Resulta calcinado un camión cargado con cartón en Pontevedra

Ningunha persoa resultou ferida ► Polo momento descoñécense as causas do lume

Os bombeiros extinguiron na noite deste venres un lume declarado nun camión que circulaba pola PO-546, entre Pontevedra e Marín, e ía cargado de cartón.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, mais o vehículo resultou completamente calcinado.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse á altura da gasolineira de Praceres ao fío das dez da noite. Nese momento, por razóns que se descoñecen, o camión prendeu lume e acabou calcinado incluída a carga, fundamentalmente cartón.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, solicitouse a intervención dos bombeiros de Pontevedra e do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para o restablecemento das condicións de seguridade na vía.