Como incentivar aos propietarios dos montes a adaptalos ao cambio climático? Precisamente a definición de estratexias de resposta que permitan mellorar a resistencia e a capacidade de adaptación dos bosques europeos ante os efectos do cambio climático é o obxectivo central do proxecto europeo Resonate (Resilient forest value chains-enhancing resilience through natural and socio-economic responses), no que participan 20 institucións e organismos de doce países, entre os que se atopa a Universidade de Vigo, informou o Duvi.
A posta en común do traballo desenvolvido é un dos obxectivos da reunión anual deste proxecto, que ten lugar nestes días na Universidade de Agronomía de Viena (Boku). No encontro definíronse esas novas accións, como o estudo sobre os incentivos a propietarios forestais para que adapten os seus traballos de silvicultura aos efectos do cambio climático, que a Escola de Enxeñaría Forestal levará a cabo xunto coa Universidade de Copenhague e a Czech University of Life Sciences.
O obxectivo é determinar a capacidade dos propietarios forestais para modificar a súa silvicultura e que incentivos necesitarían para facelo
Tal como explica o director da escola, Juan Picos, existen "tres grandes perturbacións orixinadas polo cambio climático e que poderían ter efectos" sobre a xestión das masas forestais, como son "o aumento das secas e do risco de incendios e a posibilidade de que existan novas pragas que danen ao arborado". A estas súmase un cuarto factor de análise: as implicacións que poden ter nos traballos silvícolas as políticas para contrarrestar o cambio climático, como restricións a determinado tipo de plantacións ou medidas orientadas "á recuperación da biodiversidade".
Partindo deste escenario, o obxectivo deste estudo será o de "determinar a capacidade dos propietarios forestais para modificar a súa silvicultura e que incentivos necesitarían para facelo", explica Picos, que coordina a participación da UVigo nun proxecto seleccionado na convocatoria Horizonte 2020. Con ese propósito, as tres institucións implicadas traballarán no deseño dunha enquisa para coñecer eses "incentivos clave", que se realizará tanto con propietarios forestais de Galicia como da República Checa.
Para iso o primeiro será reunir as visións dos propietarios.
O estudo incide "no problema xeral" das escolas de enxeñaría á hora de captar alumnado feminino e na necesidade de medidas correctoras neste eido. "Non podemos estar satisfeitos con taxas de captación baixas nun sexo que representa, cando menos, o 50% do talento humano", salienta Picos, que incide en como este traballo dá mostra do "éxito académico" das enxeñeiras formadas na escola, "que se traslada á súa empregabilidade".