Retrásase a apertura do Centro Deportivo de Campolongo

Aínda que os traballos están preto de rematarse, un trámite burocrático evita que o recinto se inaugure segundo o previsto
Operarios trabajando en las obras del complejo de Campolongo. ADP
photo_camera Operarios traballando nas obras do complexo de Campolongo. ADP

Un trámite burocrático retrasará lixeiramente a apertura ao público do Centro Deportivo de Campolongo, prevista para o vindeiro martes –1 de outubro–.

Segundo informou este xoves o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, o motivo do retraso está nunha tramitación para modificar o trazado da liña subterránea de Fenosa. Desta forma, a conclusión dos traballos –que están "prácticamente rematados"– queda pendente desta actuación.

O xefe da Oficina Técnica Municipal de Arquitectura e Planeamento (OTA), Ángel Velando, xa realizou un informe positivo sobre a viabilidade de reubicar a liña de media tensión, polo que tan só falta o visto e prace da Consellería de Industria para completar o trámite.

"Esperamos que o novo Centro Deportivo de Campolongo poida abrir as súas portas ao público nos primeiros 15 días de outubro", declarou Tino Fernández.

Pola súa parte, José Bamio, responsable da firma Serviocio –empresa concesionaria do complexo municipais–, José Bamio, lamentou este xoves a demora e anunciou que xa está a organizar tours de benvida para que as arredor de 3.000 persoas inscritas "coñezan de primeira man as instalacións" e saiban como funciona algunhas das novidades como "a aplicación móbil e as pulseriñas que se van empregar"

 Estas visitas de recibimento dos socios levaranse a cabo por orde alfabético de apelido.

Comentarios