Reubicado nunha finca particular o cruceiro de Casas Novas

O elemento resultara danado polo impacto dun vehículo en abril de 2017
Momento da colocación do cruceiro de Casas Novas. DP
photo_camera Momento da colocación do cruceiro de Casas Novas. DP

O cruceiro de Casas Novas atópase xa no seu novo emprazamento. O elemento patrimonial, que resultara danado nun accidente ocorrido en abril de 2017 no que un turismo impactou contra el, foi restaurado por unha empresa especializada, que foi tamén a encargada de reinstalalo outra vez na parroquia de Mourente. 

O traslado fora xa pedido pola Asociación de Veciños, que o vían o máis axeitado para evitar novos accidentes e conservar deste xeito a estrutura. Para levar a cabo esta tarefa, o Concello tivo que solicitar autorización á Dirección Xeral de Patrimonio, que deu o seu visto bo sempre e cando se circunscribise á mesma área. Así, a tarefa pudio levarse a cabo grazas á cesión por parte dun veciño dun anaco do seu terreo, que a devandita empresa acondicionou. 

Esta actuación engádese á rehabilitación do cruceiro do adro da igrexa da mesma parroquia en outubro de 2019. 

CRUCEIRO CASAS NOVAS COLOCADO-1

Comentarios