Rexeitada a compensación económica solicitada por un policía local

O motivo da solicitude responde a que, supostamente, realizaba actividades propias dos inspectores que teñen unha percepción salarial máis elevada 
Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. EP
photo_camera Sede del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. EP

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número un de Pontevedra, que desestimou o recurso dun oficial da Policía Local que reclamaba un pago maior, ao dicir que estaban realizando actividades propias dos inspectores da policía, os cales teñen outras tarefas, e polo tanto, outra percepción salarial.

Aínda que a reclamación foi interposta por un único oficial da policía local, enténdese que se realiza en nome de todo o colectivo de oficiais e policías locais.

O argumento principal do recorrente era que conforme ao principio de igualdade, ao tratarse das mesmas tarefas, debían ter o mesmo pago que os inspectores. Con todo isto, tal e como a Sala Contencioso Administrativa anterior xa estimara previamente, o Tribunal ratifica que non é posible aplicar o principio de igualdade porque non se desenvolven as mesmas tarefas de forma continuada, senón que se realizan en pequenos espazos de tempo que non son suficientes, nin sequera maioritarios dentro da súa xornada laboral.

Desta forma, a sentenza definitiva desestima o recurso de apelación, confirmando así a sentenza de instancia, e, por extensións, a actuación municipal impuganada. Ademais condénase a outra parte a 1.000 euros de custaxe.

Comentarios