O río Gafos, declarado espazo natural de interese local

O Concello solicitara hai tempo esta figura de protección que senta as bases para a súa conservación durante os próximos dez anos

Un hombre limpia el río Gafos. JAVIER CERVERA
photo_camera Un hombre limpia el río Gafos. JAVIER CERVERA

A Xunta completou os trámites para que o río Gafos se converta no cuarto espazo natural de interese local (Enill) de Galicia. Esta figura de protección suporá para o Concello de Pontevedra, promotor da solicitude e responsable da súa xestión, asumir o compromiso de poñer en práctica todas as medidas necesarias para garantir a conservación dos valores naturais que representa, segundo informou o Goberno galego este xoves tras a súa reunión semanal.

A declaración tamén lle dará preferencia ao Concello no acceso e obtención de axudas destinadas a garantir a súa preservación e mellorar a xestión desta zona. 

O Consello da Xunta deulle este xoves o visto e prace ao proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación do Enil Río Gafos, un documento imprescindible para poder obter a declaración definitiva para que o Concello xestione este espazo por un período inicial de 10 anos.  

Neste plan establécense as bases técnicas para garantir a conservación das especies e hábitats presentes no río Gafos, valores que xustificaron precisamente a súa declaración como Enil. Tamén recolle unha serie de medidas orientadas á recuperación progresiva do ecosistema fluvial cun importe total previsto de 230.000 euros, que achegará o Concello de Pontevedra, como promotor e xestor deste espazo, e que se investirán principalmente en mellorar a calidade da rede de sumidoiros no río e do ecosistema fluvial.  

Casi 50 hectáreas de una gran riqueza
O ámbito do Enil Río Gafos confórmase arredor do río que leva o mesmo nome e ocupa unha extensión de 49,8 hectáreas localizadas na súa totalidade no ámbito do núcleo urbano do Concello de Pontevedra, un espazo moi visitado polos veciños e veciñas da vila. Desde o punto de vista dos valores naturais, trátase dunha zona moi rica en canto á biodiversidade. 
Así, destaca sobre todo por ter unha comunidade vexetal moi diversa con presenza de bosques ribeiregos de gran densidade nos cales chama a atención a Narcissus cyclamineus, planta endémica da península ibérica, considerada no Catálogo galego de especies ameazadas como vulnerables; pero tamén por albergar 20 especies de mamíferos, 92 de aves, 11 especies de anfibios e outras tantas de réptiles, ademais dunha amplísima variedade de insectos. 

Comentarios