Comeza en Pontevedra a gravación da serie 'El jardinero', de José Manuel Lorenzo e Netflix

O equipo da produción traballará durante as próximas semanas en distintos puntos da provincia
Un momento da rodaxe de 'El jardinero', este venres, en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Un momento da rodaxe de 'El jardinero', este venres, en Pontevedra. RAFA FARIÑA

As rúas de Pontevedra, nas inmediacións do Mercado de Abastos e de Almirante Matos, acolleron este venres o inicio da gravación de El jardinero, serie da plataforma Netflix que conta co pontevedrés José Manuel Lorenzo (DLO Producciones) como produtor executivo. Como xa informara o propio Lorenzo durante unha visita recente ao Concello de Pontevedra, o traballo en distintas localizacións da provincia prolongarase durante varias semanas

Segundo informou Netflix, El jardinero é un thriller, de seis episodios, creado por Miguel Sáez Carral e escrito por el mesmo xunto a Isa Sánchez. A dirección corre a cargo de Mikel Rueda (Veneno) e Rafa Montesinos (El inmortal). Ademais de na provincia de Pontevedra, a serie gravarase en Madrid ou Toledo.

Álvaro Rico, Cecilia Suárez e Catalina Sopelana son os tres protagonistas desta produción que conta a historia de Elmer e a súa nai, La China Jurado, "quienes dirigen un vivero de árboles y plantas bajo el que se oculta otro próspero y subterráneo negocio de asesinatos por encargo", avanza Netflix." Para Elmer asesinar es fácil. Un accidente le dejó sin emociones. Sin embargo, mientras planea el asesinato de Violeta, una encantadora profesora de infantil, se enamora de ella. Elmer tendrá que aprender a amar mientras su madre hace todo lo posible para acabar con la vida de Violeta", remata a sinopse oficial. 

Comentarios