Rodrigo Cota: "Cando se defenden os dereitos teñen que ser os de todos"

Xunto á presidenta da Deputación, o xornalista inaugurou un banco cos cores da diversidade nos Xardíns de Vicenti e leu un manifesto no Día do Orgullo

Rodrigo Cota, Carmela Silva.RAFA FARIÑA
photo_camera Rodrigo Cota, Carmela Silva.RAFA FARIÑA

O escritor e columnista Rodrigo Cota foi o encargado de dar lectura este venres, nos Xardíns de Vicenti, ao manifesto do Día do Orgullo da Deputación, que festexou a data levando as cores da bandeira do arco da vella a un banco dese parque (que se une ao colocado o ano pasado no Día da Memoria Trans). "Cando se defenden os dereitos teñen que ser os de todos", dixo Cota antes de dar lectura ao comunicado institucional, no que a Deputación se posicionou en contra de calquera tipo de discriminación e reclamou unha política europea no ámbito LGTBIQ+, así como un financiamento que garanta o desenvolvemento de políticas neste senso tanto dende a Xunta como dende o Goberno do Estado.

Cota tamén aproveitou para manifestar a súa preocupación pola volta de políticos de extrema dereita ás institucións. "Non podemos estar a discutir estupideces que xa estaban superadas hai tempo. Aterrorízame e xérame carraxe que sexa así, porque me parece profundamente inxusto".

Comentarios