Romper barreiras coa lingua de signos

O Concello de Bueu comezou a pasada semana os cursos de iniciación á lingua de signos, cunha treintena de participantes que aprenderán nocións básicas para comunicarse con persoas que padecen algunha discapacidade relacionada coa diversidade sensorial. A formación está sendo impartida polo persoal de XOGA
Algunhas das alumnas practicando o alfabeto dactilolóxico, guiadas por María Jesús. A. P. P
photo_camera Algunhas das alumnas practicando o alfabeto dactilolóxico, guiadas por María Jesús. A. P. P

Visibilizar a diversidade sensorial e romper coas barreiras comunicativas son dous dos principais obxectivos que se propuxo o Concello de Bueu á hora de organizar unha serie de cursos de iniciación de lingua de signos que comenzaron a pasada semana na sala de usos múltiples do Departamento de Benestar Social do municipio.

Con esta formación, impartida ata decembro por persoal da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia XOGA, os participantes aprenderán nocións básicas para comunicarse con persoas que padecen algunha discapacidade relacionada coa diversidade sensorial.

Esta actividade englóbase no marco dun proxecto de fomento da accesibilidade e a inclusión, e inclúe accións tanto formativas como de concienciación. Por iso, ademais do curso para a cidadanía, tamén a pasada semana o persoal municipal comezou unha formación coa que se pretende seguir avanzando para a consecución dunha administración máis accesible.

undefined

María Jesús Monterde, presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, é unha das encargadas de impartir o curso de iniciación á lingua en Bueu, pero antes de que remate a formación en decembro será unha persoa xorda a que se encargue de levar a batuta do curso, xa que "es nuestra manera de trabajar".

Ademais, neste tipo de formacións, a entidade sempre intenta "traer personas con diversidad sensorial a los cursos para que los alumnos practiquen, independientemente de si su profesor es sordo o no, para que vean también la diversidad que hay dentro de la comunidad".

Más de 54.000 personas están afectadas en Galicia pola diversidade sensorial e contan cun certificado de discapacidade 

Con respecto á formación, que consta de 30 horas, o obxectivo é aprender un vocabulario amplo en lingua de signos e sempre con dinámicas e exercicios para mellorar a psicomotricidade fina. "La gente no está acostumbrada a trabajar con el cuerpo ni con la expresión. Son movimientos naturales y fáciles, en teoría, pero la gente no está acostumbrada", explica Monterde.

Ademais, as clases plantéxanse dunha forma "divertida, dentro de toda la seriedad el mundo", para que inconscientemente os participantes aprendan a lingua de signos dunha forma máis natural a, unha vez rematado o curso, "lo relacionen con ciertos temas y que se les vaya quedando".

"Pretendemos entonces que sean clases dinámicas y abiertas en las que trabajen con el profesorado. Incluso podemos llegar a salir fuera y a practicar en el supermercado o en una cafetería", sinala a presidenta de XOGA, que insiste en que é primordial seguir practicando unha vez que remate a formación, xa que "como con todos los idiomas, si no practicas te olvidas".

Perfil alumnos. Segundo explica María Jesús Monterde, son tres os motivos que levan a unha persoa a inscribirse nun curso de lingua de signos: polo ámbito profesional, por unha cuestión familiar ou por propio interés que "suele ser un motivo más raro, pero se suele dar. De hecho en Bueu hay gente que está formándose porque le encanta la lengua de signos".

Con respecto ao xénero, a maioría de persoas que inscriben a este tipo de cursos son mulleres, un feito que critica Monterde, xa que cree que "la lengua de signos es de todos y los hombres también van a padecer pérdida auditiva en algún momento de su vida. Además, siempre se asocia a la mujer con los Servicios Sociales y deberían empezar a trabajar más hombres en este ámbito".

undefined

A responsable de XOGA, ademais, cre que é fundamental que desde moi novos se comece a coñecer este idioma: "Si son jóvenes y aprenden lengua de signos ahora, para el futuro les va a valer de mucho. Creo que la lengua de signos debería ser una asignatura obligatoria o semiobligatoria en los colegios".

Nesta liña, Monterde explica que a xente nova cada vez ten máis pérdida de audición o que supón "un gran problema para la sociedad, porque no es consciente de que cada año aumentan exponencialmente muchos adolescentes con pérdida de audición".

En Galicia son máis de 54.000 persoas que teñen certificado de discapacidade por diversidade sensorial, aínda que tal e como expón a presidenta de XOGA "el numero es mayor porque hay mucha población que no lo saca porque es asumir que tienes esa discapacidad, el trámite que supone y también porque hay gente que no le da la importancia que sí tiene".

MÁIS FORMACIÓN. Con todo, cada vez son máis as persoas que se interesan por coñecer a lingua de signos. De feito, en Bueu, o número de inscricións superou as expectativas e o Concello xa ten programada unha segunda edición que se celebrará entre finais deste ano e comezos do que vén.

"El usuario tiene que tener un abanico de posibilidades, y como cada uno es un mundo y su entorno también, lo ideal es que el usuario domine la lengua de signos y la oral", conta María Jesús Monterde, que fai fincapé en que se debe tratar con normalidade a lingua de signos e todo o relacionado coa diversidade sensorial.

"Para nosotros estos cursos son muy importantes porque se da una gran difusión, no solo para fomentar la lengua de signos, que también, sino por el hecho de que la sociedad conozca la diversidad sensorial porque es una diversidad invisible y si no te explican con ciertos ejemplos, la gente no es consciente realmente de la situación que se van a encontrar o la que tienen sus familias", reflexiona a representante da organización.

Monterde tamén valora positivamente que moita xente "ya tiene activado el chip" e que cada vez máis persoas "se dan cuenta de lo que son las barreras de comunicación y la importancia que tienen en la era actual de la información y la comunicación".

Por iso, María Jesús cre que é moi importante que as institucións se involucren e organicen este tipo de cursos de maneira gratuíta e para todo o mundo, xa que "la situación económica de muchas familias no les permite sufragar este tipo de gastos".

Cabe recordar que, por outra parte, o Concello de Bueu ten en marcha este ano un programa de mellora da accesibilidade e da inclusión en diversos ámbitos, e xa en xuño se puxeron en marcha as primeiras xornadas sobre diversidade sensorial, organizadas xunto a XOGA.

Unha aposta pola diversidade
A Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, XOGA, é unha entidade de iniciativa social nacida no 1990, sen ánimo de lucro que vela polos intereses das persoas con diversidade sensorial -persoas xordas, con perda auditiva e xordocegueira-, das súas familias e profesionais en tódolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución para ofertar unha serie de servizos e actividades inclusivas ás persoas con diversidade sensorial de Galicia.

Comentarios