Roque dálle a benvida ao Festival das Núbebes

Teatro, monicreques, contos e música mesturáronse na apertura do festival que continúa esta fin de semana

Un momento da inauguración do festival. RAFA FARIÑA
photo_camera Un momento da inauguración do festival. RAFA FARIÑA

Cun espectáculo da compañía Baobab, coordinadora do proxecto, protagonizado por Roque, un bechiño amarelo que vén exercendo como personaxe central do evento, comezou en Pontevedra o VI Festival para Bebés e Familias Núbebes, un evento único en Galicia que se desenvolve durante dúas fins de semana consecutivas.

Teatro, monicreques, contos e música mesturáronse no acto de apertura do festival, que se prolongará con actividades esta fin de semana. A programación completa do evento e os horarios pódense consultar en Twitter (@nubebes).

Programación para este domingo:

Este domingo, a programación inclúe a representación de 'Historias con Candela', ás 12.30 horas, 17.30 e 18.45 na Casa das Campás con Eugenia Manzanera e dirixido a nenos de 6 meses a 4 anos. 

Tamén terá lugar o obradoiro de masaxes 'A voz da pel' na Sede Social do Casino Mercantil para bebés de 4 a 12 meses. 

No Teatro Principal, haberá música e contos de Baobab Teatro; e na Casa Azul e na Sala Valdecorvos terá lugar un obradoiro de cociña sobre os zumos supervitaminados. 

O certame continuará o sábado 29 e o domingo 30. 

 

Comentarios