viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Os veciños de Pontevedra festexan o Día das Letras Galegas desde os balcóns

No barrio de Monte Porreiro e na rúa Arcebispo Malvar leváronse a cabo distintas actividades

A falta de actos oficiais de celebración do Día das Letras Galegas, debido ao estado de alarma, os veciños de Pontevedra optaron por festexar a data e homenaxear a Ricardo Carvalho Calero dende as súas casas.

Na rúa Illa de Man, en Monte Porreiro, puideron escoitarse cancións e mesmo se presentou un "audio libro" na honra do autor homenaxeado.

Na rúa Arcebispo Malvar, onde ao longo da corentena xa se organizaran distintas propostas lúdicas, incluída unha recreación da Feira de Abril, hoxe tamén se adornaron os balcóns con bandeiras galegas e escoitáronse temas en galego.

Os veciños de Pontevedra festexan o Día das Letras Galegas desde os...
Comentarios