As rúas Echegaray e Rouco estarán pechadas ao tráfico case todo o día desde o luns

O plan de tráfico estará debidamente marcado con desvíos, recomendando a saída da cidade a través da Ponte das Correntes
Obras en Echegaray. JAVIER CERVERA
photo_camera Obras en Echegaray. JAVIER CERVERA

As obras que o Concello de Pontevedra está acometendo nas rúas Echegaray e Rouco obrigan a pechar as dúas vías ao tráfico desde o vindeiro luns en varias franxas horarias, co fin de garantir o acceso aos residentes e aos servizos da rúa.

En Echegaray impedirase o acceso de 09.30 a 13.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas. O remate do peche non está definido xa que dependerá da evolución das obras.

Na rúa Rouco está previsto abrir a rúa ao tráfico o 5 de outubro. Neses seis días, o paso estará restrinxido de 9 a 19.30 horas.O acceso á praza de Barcelos restrinxirase agás residentes, garaxes, servizos e o estacionamento soterrado. Tamén queda anulado o acceso a Barcelos desde Benito Corbal a través da rúa Vasco da Ponte.

O plan de tráfico estará debidamente marcado con desvíos, recomendando a saída da cidade a través da Ponte das Correntes.

O proxecto de reforma da rúa Echegaray ten un custe de 696.064 euros. O saneamento cambiarase por ambos lados. Tamén se substituirán as redes de pluviais.

Outra das actuacións é a substitución de toda a canalización eléctrica. 

A reforma en superficie segue os mesmos estándares de calidade que o resto da cidade. Gáñase espazo para os peóns ampliando as beirarrúas, aínda que quedará un carril de servizo a ambos lados.

O proxecto da rúa do Rouco contempla a reordenación da rúa, redistribuíndo os espazos urbanos no ámbito do centro escolar, o que supón a ampliación dos espazos destinados á mobilidade peonil. Manterase unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. Esta beirarrúa terá un ancho de 3 metros; e no lateral esquerdo (no do colexio) a beirarrúa increméntase ata os 5 metros.

A calzada será repavimentada e a beirarrúa crearase con lousa confinada entre bandas de granito. Procederase á eliminación das barreiras arquitectónicas e tamén se aproveitará para renovar as redes de pluviais e de sumidoiros. O proxecto tamén contempla a colocación de novo mobiliario urbano (5 papeleiras, 7 bancos, e 10 aparcabicis), e a mellora da iluminación. Saúdos

Comentarios