Rueda aposta pola Ruta Traslatio para diversificar o Camiño de Santiago

O presidente da Xunta de Galicia en funcións visitiou onte as obras de mellora da mariña de Vilanova de Arousa, enmarcadas na execución do Plan Xacobeo Next Generation
O presidente da Xunta en funcións, onte, na súa visita a Vilanova de Arousa. José Luiz Oubiña
photo_camera O presidente da Xunta en funcións, onte, na súa visita a Vilanova de Arousa. José Luiz Oubiña

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a boa saúde da que gozan as rutas xacobeas debido a que, despois de acadar datos récord o ano pasado, nestes primeiros dous meses de 2024 a afluencia segue mellorando. Así, foron preto de 5.300 os peregrinos que recolleron a súa Compostela no que vai de ano, o que supón cerca de 400 máis que no 2023.

Neste sentido, Rueda sinalou a Ruta Traslatio como un exemplo do potencial que ten Galicia para atraer, diversificar e medrar cada vez máis como destino turístico de forma sustentable, polo que avogou por seguir impulsando este itinerario para consolidalo como un camiño de Santiago de referencia. "Con sentidiño imos seguir dicíndolle á xente que veña aquí, tendo en conta a sustentabilidade, a non masificación, a gastronomía e a hospitalidade", asegurou.

Así o destacou nunha visita ás obras de mellora da mariña da localidade, uns traballos enmarcados na execución do Plan Xacobeo Next Generation, dotado con fondos europeos, para optimizar e poñer en valor os bens e instalacións vencelladas ao Camiño. Estas actuacións, baseadas na colocación dunha rampla de acceso, a instalación de placas solares e térmicas, o cambio da rede de luminarias dos pantaláns e do peche da terraza, entre outras, permitirán mellorar tanto a accesibilidade como a eficiencia enerxética e a seguridade dos usuarios destas instalacións deportivas, situadas na única ruta xacobea por mar.

En total, a Xunta investiu 1,3 millones a través desta acción para actuar en 11 infraestruturas da Ruta Traslatio do Mar de Arousa e Río Ulla -ademais de en Vilanova, tamén se están a levar a cabo melloras noutros seis concellos da área de influencia da ruta como son Sanxenxo, O Grove, Boiro, Ribeira, Pobra do Caramiñal e Rianxo-, que se suman a outros 1,8 millones para os restantes 31 clubes e mariñas galegas que se van executar durante este ano, completando así unha renovación en todo o mapa. "Son máis de 3 millones que se engaden a outros plans que se investiron nos anos anteriores", destacou Rueda.