viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Rueda destaca que o 12-X demostrou que o PP é un partido "unido e estable"

Xunta provincial do PP celebrada onte en Moraña. DAVID FREIRE
Xunta provincial do PP celebrada onte en Moraña.
Núñez Feijóo presidiu a Xunta Provincial do PP que se celebrou onte en Moraña na que o líder de Pontevedra agradeceu a todo o aparato do PP o seu traballo durante unha campaña atípica

O Partido Popular de Pontevedra celebrou na tarde do venres en Moraña a súa Xunta Directiva Provincial, á que asistiu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para analizar os resultados electorais do 12 de xullo. O presidente provincial, Alfonso Rueda, agradeceu aos alcaldes, voceiros e a todo o aparato do PP nos 61 concellos da provincia o seu traballo durante unha campaña atípica, na que se premiou a xestión do Goberno da Xunta durante estes anos, pero tamén durante a crise sanitaria.

Rueda amosouse dobremente satisfeito por revalidar a cuarta maioría absoluta, pero tamén porque esta provincia foi decisiva para que Feijóo acadase un resultado histórico. "O 12 de xullo demostramos que somos un partido unido, estable e con capacidade de xestión. E demostramos que a xente valorou iso en Galicia e tamén na nosa provincia", manifestou o presidente provincial dos populares.

O líder do PP de Pontevedra destacou todo o traballo feito durante a campaña concello a concello, a pé de rúa, con todas as medidas de prevención e de seguridade, para estar próximo ao cidadán. "Este traballo tamén foi importante para animar á xente a ir a votar, para que perdese o medo e entendesen que eran unhas eleccións totalmente seguras, que a Xunta contaba cun protocolo de prevención para garantir a seguridade en todo momento".

RESULTADOS. Con respecto á vitoria, Rueda puxo en valor o triunfo do PP na provincia, "importante non só pola estabilidade que nos dá ter un Goberno do PP na Xunta, senón tamén a nivel partido, porque nos mantivemos unidos e nunha cita decisiva acadamos un magnífico resultado".

O líder provincial valorou ademais que, pese a non gobernar en ningunha das tres cidades, o PP volveu a gañar en todas elas, e tamén no resto de concellos de máis de 20 mil habitantes. En total, o PP foi a primeira forza en 57 dos 61 concellos da provincia, ganando en todos os concellos das comarcas de Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Caldas, Pontevedra, Morrazo, Baixo Miño e Condado-Paradanta.

Rueda destaca que o 12-X demostrou que o PP é un partido "unido e...
Comentarios
ç