martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

As Ruínas de San Domingos recuperan o seu horario habitual e as visitas guiadas

Unha visitante percorrendo o interior do edificio o pasado verán
Unha visitante percorrendo o interior do edificio o pasado verán
O conxunto histórico rexistrou máis de 41.500 visitas nos tres meses do verán nos que reabríu ó publico, tras tres anos de restauración

As Ruínas de San Domingos retoman a partires deste martes o seu horario habitual de apertura ao público e volve a ofertar as visitas guiadas, tralo habitual peche durante o inverno. Así, o horario de apertura queda establecido de 10 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de martes a sábado; mentres que os domingos e festivos abren de 11 a 14 horas.

En canto ás visitas guiadas realizaranse ás 12 horas e ás 17.30 horas de martes a venres, agás Xoves e Venres Santo. Para as visitas guiadas non será preciso inscrición previa.

As Ruínas de San Domingos foron reabertas ao público o pasado mes de agosto, tras tres anos pechadas por mor das obras de consolidación de todos os elementos do edificio, nomeadamente do rosetón.

Nos tres meses que permaneceron abertas ao público o pasado ano -antes do habitual peche no inverno- foron admiradas por un total de 41.593 persoas, o que supuxo o 38,7% do total das visitas do Museo durante 2016.

As Ruínas de San Domingos foron declaradas Monumento Nacional no ano 1895, sendo o primeiro monumento da provincia de Pontevedra en acadar esta declaración.

BERCE DO MUSEO. Na historia do Museo de Pontevedra tamén teñen un lugar destacado, posto que foron a sede da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, que deu inicio ao actual Museo en 1927.

Foron, ademais, o primeiro lugar no que se puido visitar a colección de miliarios antes de ser trasladada ao Edificio Sarmiento, tras ser rehabilitado a finais da década de 1970 e comezos de 1980.

Na actualidade, deste conxunto histórico, o máis antigo dos seis que conforman o Museo, consérvase unicamente a cabeceira, de cinco ábsidas -excepcional no gótico galego-, xunto con parte do muro sur da igrexa e a entrada ao capítulo do convento, fundado en torno a 1282, aínda que as obras do templo actualmente conservado non se iniciaron ata 1383, continuando ao longo do século XV.

No ano 2013 comenzou unha profunda restauración do edificio, seriamente castigado polo desgaste, que se prolongou durante tres anos e que supuxo unha notable mellora tanto da estrutura como da súa contorna.

As Ruínas de San Domingos recuperan o seu horario habitual e as...
Comentarios
ç