O rural pontevedrés contará con 212 illas de reciclaxe

O Concello prevé que a colocación de novos colectores de vidro e envases na cidade remate en xaneiro

Contenedores de orgánico, envases, vidrio y cartón. DP
photo_camera Colectores de orgánico, envases, vidro e cartón. DP

O Concello de Pontevedra instalará, finalmente, 212 illas de reciclaxe en todo o rural pontevedrés.

A previsión inicial da concellaría responsable da xestión de residuos, que dirixe Carme da Silva, era colocar 175 illas, o que suporía incrementar as actuais, que son 56. Pero "logo de estudar a poboación de cada parroquia, a súa dispersión e os espazos físicos onde colocar os colectores, seguindo a premisa de manter unha illa de reciclaxe por cada 150 habitantes, considerou posible a instalación de 212 illas", informou o Concello a través dun comunicado.

Illas de reciclaxe no rural pontevedrés. CONCELLO DE PONTEVEDRA

Ademais, a empresa concesionaria do servizo, Ferrovial, continúa a instalar colectores de vidro e envases en toda a cidade, "aínda que a menos ritmo do desexado",  segundo indicou a concelleira Carme da Silva. O Concello prevé que o despregue estea rematado no mes de xaneiro. 

Comentarios