lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

A Sala Karma recupera a música en directo con tres concertos e cinco bandas

Público nun concerto celebrado na Sala Karma o pasado mes de agosto. BEATRIZ CÍSCAR
Público nun concerto celebrado na Sala Karma o pasado mes de agosto. BEATRIZ CÍSCAR
Os eventos comezarán este xoves e se prolongarán ata a madrugada do domingo
A música en directo volve á Sala Karma esta semana. Así o anunciou este martes o seu responsable, Marcos Rivas, quen destacou que malia que "nos está costando poder traer cosillas, pero poco a poco, a medida que va volviendo la normalidad, vamos avanzando".

Deste xeito, a sala programa tres días de concertos nunha soa semana na que participarán ata cinco bandas. Trátase de "gente joven, emergente y con un programa que se realiza entre Galicia y Portugal", engadiu Rivas.

Así, este xoves terá lugar o concerto de CRNDS ás 22 horas. O prezo da entrada é de cinco euros. Unha hora máis tarde comenzará o concerto de Conferencia Inferno e a Sala Karma pechará a noite cunha sesión DJ a cargo de Chicho Selektor (Ortiga).

Na xornada do venres 22 terá lugar a actuación da banda Cucharada, a que fora a primeira formación musical de Manolo Tena, e que tras volver no ano 2017 fan un tributo ao seu fundador. O concerto ten un prezo de 10 euros (entrada anticipada) e 13 en billeteira. Para rematar a noite a partires das 00.00 horas será a quenda do [email protected] cun prezo de dez euros.

Xa o sábado a sala acollerá as actuacións das bandas Copa Turbo e Playa desmayo a partires das 22.30 horas da noite a un prezo de dez euros na billeteira ou sete se é anticipada.

Á unha da madrugada continúa a música na Sala Karma, desta volta será a quenda de Fiuza cun prezo de 10 euros.

A Sala Karma recupera a música en directo con tres concertos e...
Comentarios
ç