O Salón do Libro recoñece o papel de Xosé Cobas e Marica Campos na literatura

Su Garrido, Soledad Felloza e Antonio García Teijeiro envolveron de poesía e música a xornada máis emotiva do Salón ? Esgotadas as entradas para o espectáculo de clausura do RockLab
undefined
photo_camera Imaxe do encontro. DP

A piques de pechar as súas portas, a XXIII edición do Salón do Libro de Pontevedra, viviu onte unha das xornadas máis emotivas deste ano. O Pazo da Cultura abeirou a homenaxe aos escritores Marica Campos e Xosé Cobas polo seu grande labor na literatura infantil e xuvenil.

"Non podemos deixar de agradecervos a vosa entrega, a vosa loita, o voso esforzo creativo e creador por construírdes, coas vosas palabras e imaxes, un imaxinario de noso para a cativada", subliñou ao comenzo a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.

No acto non faltou a música, da man de Su Garrido Pombo interpretou Muller - canción de Fuxan os ventos inspirada nun poema de Marica - e Vento morno. Nin faltaron as palabras de Soledad Felloza, amiga da poeta homenaxeada, quen destacou da autora que é "unha escritora comprometida co seu tempo, nacionalista, feminista e solidaria".

Campos fixo tamén unha lembranza para "todas e todos os autores homenaxeados no Salón" e afirmou que "deixar unha herdanza de lingua é o mellor que podemos facer polo futuro da nos a terra".

A continuación, o poeta Antonio García Teijeiro foi quen resaltou o traballo e a traxectoria do seu amigo Xosé Cobas de quen dixo "que marcou un antes e un despois grazas a súa maxia creativa e ao xeito de entendelos". "É un narrador visual, un poeta da imaxe". Rematou a súa intervención cun poema composto para o ilustrador.

A XXIII edición do Salón chega hoxe ao seu fin cunha axenda chea de contos e o espectáculo de danza de Pesdelán

Pola súa banda, Xosé Cobas rememorou unha emotiva anécdota da sú infancia como amante das bicicletas pero sobretodo das súas aventuras que plasmaba con tella na fachada da taberna de seus avós. "Fun un ilustrador precoz e penso que a auga é a mellor lectora e comunicadora porque a choiva levaba as miñas historias para que delas beberán os paxaros, as árbores o millo e o centeno", dixo.

A homenaxe aos escritores non foi a única actividade que emocinou ao público do Pazo este sábado. Durante todo o día houbo obradoiros, contacontos e o roteiro artístico pola Illa das Esculturas, que contaron cunha chea de seguidores. Ademais, tivo lugar unha sesión especial de Artellando cos videoxogos.

Para rematar, esgotáronse as entradas para ver o espectáculo dos integrantes do RockLab no auditorio. Catro pequenas pezas que mesturaron rock, escea e audiovisual con temas como os artistas urbanos, a emigración ou o valor da cultura, e que serviu para poñer sobre o escenario todo o talento da cativada que compón o obradoiro musical que acolle cada semana o Pazo da Cultura.

O reloxo do salón
11.15-13.30 Rodalibros do Salón do Libro, no Centro Social da Canicouva

12.30 Sesión de contos, música e monicreques. Os tres porquiños. Con Bea Campos e Manuel Pombal no Recinto Feiral.

17.30 Espectáculo de maxia titulado Por arte de maxia da man de Magia en la manga. No Recinto Feiral

19.00 Espectáculo de clausura do Salón do Libro. Con Pesdelán. No auditorio do Pazo da Cultura

Comentarios