A San Silvestre de Pontevedra bate récords na súa recollida de alimentos

Conseguiron xuntarse 2,3 toneladas de produtos non perecedeiros que foron entregados este venres ao Banco de alimentos de Pontevedra e Vigo 
Imaxe da entrega dos produtos ao Banco de Alimentos
photo_camera Imaxe da entrega dos produtos ao Banco de Alimentos

A San Silvestre de Pontevedra batiu un novo récord que avala a solidariedade dos veciños da Boa Vila incluso nos intres máis complexos. 

A proba, celebrada o pasado 31 de decembro, recadou 2,3 toneladas de produtos non perecedoiros achegados polos seus participantes de forma altruísta e solidaria. 

Os alimentos recollidos foron entregados este venres ao Banco de Alimentos de Pontevedra e Vigo nun acto no que participaron o responsable da entidade, José Luis Doval; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; a presidenta da Sociedade Xinmástica, Charo Castro e o director da proba, Víctor Riobó . 

"En Pontevedra somos campións en ser solidarios" así quixo agradecer o tenente alcalde a masiva implicación da sociedade pontevedresa coa causa. Do mesmo xeito, o organizador do evento afirmou que a proba "foi un éxito total" salientando tamén o transfondo solidario da mesma. 
 

Comentarios