Santa María de Xeve acollerá este sábado o seu primeiro 'Verantroido'

A asociación Sondexeve estrea un entroido estival que inclúe hinchables, un touro mecánico, música e comida para todos os asistentes ► Haberá sorteos entre todos os disfrazados
Manolo Hermida, Ana Llevot, Pilar Comesaña, Fina Cobas e Marga Lemas na presentación do 'Verántroido'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Manolo Hermida, Ana Llevot, Pilar Comesaña, Fina Cobas e Marga Lemas na presentación do 'Verántroido'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A parroquia de Xeve acollerá o vindeiro sábado a súa primeira edición de entroido de verán. Tras dous anos de parón pola pandemia a asociación Sondexeve busca facer que a xente visite a parroquia. A concelleira de Servicios Rerritorializados, Pilar Comesaña, e os organizadores, Manuel Barreiro, Ana Llevot, Marga Lema e Fina Cobas, presentaron o cartel do Verántroido de Xeve. As actividades lúdico-festivas iniciaránse na explanada do antigo Concello de Santa María de Xeve ás 17.30 horas, onde haberá monitores para os máis pequenos, hinchables e un touro mecánico de balde para nenos e maiores. Pola a tarde a charanga Mil9 porá a nota musical amenizando o evento durante a xornada. A Cantina de Rianxo instalará unha barra e, ademais, haberá unha degustación gratuíta de bocadillos e filloas. Durante o día faráse un sorteo de regalos para todos aqueles que acudan disfrazados ó entroido.

Xa á noitiña, a partir das nove da noite, os asistentes poderán desfrutar da actuación de Dan Ale, artista galego e coñecido "recanteiro" do programa Luar da Televisión de Galicia. A continuación a festa proseguirá coa sesión de dous discjockeys, Josinho e Bruno.

Tal e como anunciou Comesaña, "o obxectivo do entroido é recuperar as festas e as xuntanzas tras esta pandemia" así como recuperar as actividades culturais dentro do entorno rural. A concelleira amosou a súa gratitude á asociacion Sondexeve pola iniciativa e a esperanza de que este carnaval continue durante os vindeiros anos.

O presidente da asociación cultural Sondexeve, Manuel Hermida, amosouse moi emocionado por levar a diante esta proposta e agradeceu a colaboración do Concello de Pontevedra e dos diferentes patrocinadores que fixeron a súa aportación, "asociacións e empresas da parroquia e tamén de Campo Lameiro, Barro, Tenorio, Vilagarcía... foi unha grata sorpresa atopar tanta xente que quixo colaborar", declarou o Barreiro. O presidente tamén fixo mención a importante labor de "socializar o rural" atraendo á xente a través destas actividades culturais e tamén a través do patrimonio da parroquia "que é algo no que estamos a traballar, da man do concello" anunciou.

A secretaria, Ana Llevot, afirmou que "o obxectivo desta festa é poñer en valor a vida no rural" invitando a todo o mundo a asistir a esta primeiro entroido de verán.