Santiaguiño do Burgo reúne na Santiña a un gran número de veciños

Éxito absoluto na procesión das uvas e do millo ►O grupo de gaitas Os de Algures estivo presente e amenizou a popular celebración
Veciños do Burgo na Santiña para asistir a entrega das uvas o santo
photo_camera Veciños do Burgo na Santiña para asistir a entrega das uvas o santo

Os veciños do Burgo, como cada 24 de xullo, ofreceron ó seu santo, Santiaguiño, os primeiros froitos maduros da tempada trala procesión do mesmo polo barrio ás oito da tarde. O santo, foi recibido como marca a tradición, na casa que orixinariamente lle deu acubillo na rúa da Santiña cando peregrinaba a Compostela.

Algúns veciños recoñeceron que as uvas estaban máis maduras que outros anos, polo que "a tradición funciona ben"

A lenda conta, que o apóstolo Santiago canso e con fame, parou nunha casa da Santiña onde lle foron ofrecidas uvas e millo. Grazas a esa ofrenda, o apóstolo puido seguir o seu camiño e para corresponder aos donos da casa, o santo lles dixo que nela madurarían cada ano as primeiras uvas e millo de cada colleita.

En agradecemento e dende vai anos, a familia Couto, acolle ao santo trala procesión así como aos veciños que queiran celebrar tan sinalado día, e invitan a tomar unha pequena merenda na finca bendicida. Sendo os rapaces os máis contentos con esta parte da tradición, e os que enchen a finca dos Couto.

Trala procesión e ineludíbel parada, o Santo volveu á Igrexa do Burgo cun acio de uvas e o millo sobre a súa imaxe.

"Al santo se le colocan unos racimos de uvas y un pendón de maíz para que la gente sepa el por qué de la tradición" conta Mari, unha das veciñas da Santiña que leva asistindo a esta celebración dende que era unha nena. Máis aínda queda algún veciño que non coñece a historia desta tradición.

Por outro lado, foron moitos os veciños os que organizaron nas súas casas churrascadas e ceas coa familia e os amigos para celebrar o Santiguiño e tamén o día grande de Galicia.

Ana, outra das veciñas do lugar afirmou que "hacemos una cena con los vecinos de al lado todos los años, lo pasamos pipa, bebemos, comemos, contamos historias del apóstol y si hace bueno, también nos bañamos en la piscina".

A festa que comezou na finca bendicida e seguiu nas casas dos veciños, puido completarse coa actuación das orquestras Ceniza e Son D' Vigo no Recinto Feiral.

Comentarios