O sector reivindicará a illa de Ons no Día Mundial da Arquitectura

Subliñan que a través do deseño pódese axudar a deter a destrución de paisaxes naturais

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará o vindeiro luns o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema 'Arquitectura: para un mundo mellor', de acordo á convocatoria anual -que coincide co Día Mundial do Hábitat das Nacións Unidas- da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Esta efeméride, na que participará o sector de Pontevedra, quere chamar a atención sobre cuestións relativas á mellora nas cidades e a vivenda.

Segundo a declaración da UIA, a arquitectura pode axudar ao planeta a enfrontar dous dos seus problemas máis graves: a degradación ambiental e necesidades humanas cada vez maiores. Neste sentido, estes profesionais poden axudar a reverter os patróns que destrúen o patrimonio, degradar o hábitat, desperdiciar recursos e perpetuar os desequilibrios sociais. Ademais, subliña que a arquitectura pode mellorar o mundo, para todas as persoas, e a través do deseño pódese axudar a deter a destrución de paisaxes naturais e valiosas terras agrícolas, e a cumprir coa asombrosa escala global da necesidade humana, gran parte dela concentrada nas cidades máis grandes.

"Os arquitectos do mundo, que actualmente suman uns 3,2 millóns, comparten o compromiso de proporcionar servizos básicos para todas as persoas, facer as nosas cidades máis limpas e máis fortes, axudar á xente necesitada, e para proporcionar espazos públicos máis seguros e accesibles para todos", sinalou este venres a entidade colexial nun comunicado.

Comentarios