O segundo encontro de Reinicia Pontevedra analiza os novos valores dos clientes

A sesión telemática do plan impulsado pola plataforma #PonteLovers en colaboración coa Asociación de Autónomos foi impartida por nove relatores e contou coa participación de 25 profesionais
Segundo encontro dixital do Reinicia Pontevedra. CONCELLO
photo_camera Segundo encontro dixital do Reinicia Pontevedra. CONCELLO

A Concellería de Promoción Económica e Turismo e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas (Ape Galicia) celebraron este xoves o segundo dos encontros dixitais do programa Reinicia Pontevedra, enmarcado dentro das estratexias de dinamización comercial e empresarial da plataforma #PonteLovers. Baixo o título de Novos valores: confiables, solidarios, sostibles, o coloquio abordou a incidencia da crise da Covid-19 na sensibilidade dos consumidores e o seu impacto sobre marcas e empresas.

Os autónomos e pemes de Pontevedra que interviron como relatores foron Javier Varela, consultor experto en Marketing; Natalia Vieites, directora de Recursos Humanos de Digamel; Mauro Lomba, arquitecto; e César Fernández e Beatriz Mariño, de Meridian Style & Interiors, xunto co coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor experto en Ventas e Márketing.

O programa de relanzamento empresarial ofrécese gratuitamente a autónomos e pemes mediante dúas accións. Por unha banda, asesoramentos personalizados para 25 negocios, e pola outra, sete encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

A primeira acción do ciclo de sete encontros virtuais Reinicia Pontevedra celebrouse o pasado luns 11 de maio. Neles estanse a tratar temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra, coa participación de especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.

As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son os seguintes:

• 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.

• 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible.

• 18 maio: Novo servizo ao cliente: da personalización á loxística.

• 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.

• 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e márketing.

• 28 maio: Estratexia de comunicación dixital e física.

• 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.

As inscricións son gratuítas e pódense facer a través da web de APE Galicia ou do teléfono 697 195 540.

A segunda acción do programa consistirá en 25 asesoramentos individuais gratuítos, que abordarán as especificidades de cada negocio ou microsector.

O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderán compartirse 2 videoconferencias, dunha hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.

Comentarios