Ser cavernícola durante tres días

O programa Ponteverán ensinou a rapaces de entre 13 e 14 anos a facer lume, a orientarse no monte e a desenvolverse nun entorno arcaico sen ningún tipo de tecnoloxía nin modernidade
A cativada posando para a foto co concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, que visitou o campamento este mércores. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera A cativada posando para a foto co concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, que visitou o campamento este mércores. BEATRIZ CÍSCAR

Nun lugar coñecido como Chan das Mouras, en Salcedo, un grupo de preadolescentes aprenderon onte a facer algo moi especial: fogo. Pode sonar moi descabelado para os tempos que corren, pero para o seu monitor, o antropólogo, Rafa Quintía, "se quedan sen luz xa saben como facer", indica entre risas mentras lle indicaba a un rapaz como coller os paus para crear a fricción capaz de provocar o lume. Como na prehistoria. Estes mozos, que representaban un mix no corpo de pintadas do paleolítico e roupa actual, non só aprenderon que esta non era a única forma na que se podía crear esta chispa que cambiou a historia da humanidade, tamén, aprenderon a estar sen móbiles, sen camas, sen aire acondicionado e sen moitos deses avances tecnolóxicos que fan a vida "bastante máis sinxela". Dun modo didáctico, en contacto coa natureza, a divulgación e a aprendizaxe social.

Este era o último día de campamento e os rapaces puideron aprender dende como orientarse no monte, ata sobrevivir con poucos recursos e "valorar o que teñen". Para Quintía, este tipo de campamentos "están moi ben" para estas idades xa que "os rapaces xa teñen bastante autonomía para estar fóra da casa". Tamén destacou que "esta experiencia é unha bonita forma de desconectar das pantallas, contar historias e mirar as estrelas, que sempre será mellor que ver Netflix".

Pola súa banda, o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, acompañado do presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, achegouse onte á mañá até o poboado prehistórico construído por este colectivo, no monte de San Martiño.

Rafa Quintía. BEATRIZ CÍSCAR
Rafa Quintía. BEATRIZ CÍSCAR

LÍMITE DE AUGA. "Temos un bidón de auga, pero isto non se debe pola seca, realmente, temos bastante para todos nós", así indicou Quintía sobre o uso da auga que fan neste campamento viaxeiro no tempo."Nunha casa normal gástase o dobre de auga só tirando da cadena do váter", continúa expresando o palentólogo que, ademais, indicou que estes cativos integraron dentro das súas costumes a de colaborar nas labores da casa, e se adaptaron ben a esta nova forma de vida.

Por outra parte, os rapaces estaban moi entusiasmados con esta experiencia e miran neste ensino unha forma moi práctica de aplicar para o seu día a día -se paseas ou vives no monte- ou se o precisan en calquera momento da súa vida. Unha forma amena e divertida de disfrutar do verán que está a ser moi caluroso, pero grazas ás construccións sostibles do campamento, o calor, o frío e a adaptación dos horarios naturais, pasaron algo máis desapercibidos.

Esta aventura vén da man do programa Ponteverán e, como pasou con outras propostas para a xuventude, este "Regreso á prehistoria" está a ser todo un éxito e xa ten lista de espera e peticións para que se repita máis veces, incluso, xa hai demanda de adultos que queren aprender e gozar desta experiencia arcaica para desconectar e disfrutar da natureza.

Comentarios