sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

¿Será posible resolver un crime do século pasado?

Presentación da campaña. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Presentación da campaña. CONCELLO DE PONTEVEDRA
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha campaña de dinamización de Loureiro Crespo a través dun xogo de pistas para resolver un misterio dos anos 20

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, presentou esta mañá os dous roteiros virtuais que se activan na nova fase da campaña #EuSonLoureiro, coa que se está a dinamizar o comercio do barrio durante a duración das obras de reforma da rúa Loureiro Crespo. O concelleiro fixo especial fincapé na necesidade de promover as compras no comercio local, e máis durante o período de Nadal, e asegurou que "aínda con todas as normas que nos impón o covid, o obxectivo é facer gasto no comercio local e no comercio deste barrio tan importante para a cidade, para o que desenvolvemos alngunha acción interesante e incluso divertida".

O roteiro máis novidoso é un xogo de pistas baseado na resolución dun crime acontecido nos anos 20 do século pasado e no que se viu implicado o doutor Loureiro Crespo na súa faceta profesional de médico. Este xogo, especialmente deseñado para público familiar, realízase a través de 9 códigos QR instalados nos establecementos Tendencias Floristas, Farmacia Pontus Veteris, Mobles Qka, Perruquería Carlos Conde, Tobico Zapaterías, Salam Halal, Aquelarre, Libraría Atenas, e Perruquería Low Cost.

O segundo dos roteiros está baseado na historia da figura do doutor Loureiro Crespo, nas orixes do Hospital Provincial e no rueiro que o rodea, así como nas obras de mellora que se están a realizar no barrio. Para seguir este roteiro están dispoñibles códigos QR nos escaparates dos establecementos comerciais da rúa adheridos a esta campaña. 

Demetrio Gómez explicou que o deseño virtual destes roteiros ven dado porque "de ningunha maneira poden ser en grupo" dadas as restricións actuais derivadas da pandemia pero que "se poden facer respectando grupos burbulla e unidades familiares ou de convivencia". Insistiu en que son un bo motivo "para achegarse polo barrio e ademais aproveitar para ver como vai avanzando a reforma de Pontevedra e entrar nas tendas".

Precisamente as tendas adheridas á campaña repartirán 5.000 pulseiras co lema #EusonLoureiro entre as e os clientes durante o período de Nadal. O lema da campaña tamén se utiliza nun filtro de instagram específico que está activo desde hoxe na conta do Concello.

¿Será posible resolver un crime do século pasado?
Comentarios
ç