Un 'showroom' virtual para amosar as últimas tendencias en vodas e comuñóns

O evento, conducido pola televisiva Eva Iglesias, terá lugar a fin de semana do 20 e 21 de marzo
Imagen de una mujer vestida de novia. PIXABAY
photo_camera Imaxe dunha muller vestida de noiva. PIXABAY

Tras o éxito acadado en decembro coa emisión online de PonteModa Nadal, a Concellería de Promoción Económica e Turismo volve impulsar unha nova pasarela en colaboración coa plataforma #PonteLovers e a firma La Boda de Nerea: un showroom" de Vodas e Comuñóns que se celebrará a fin de semana do 20 ao 21 de marzo e que será retransmitido en streaming dende a Finca Batacos.

O evento será conducido en directo pola Eva Iglesias, colaboradora do programa de televisión Land Rober, que entrevistará aos responsables dos comercios participantes.

A concelleira Yoya Blanco explica que "ademais dunha pequena exposición dos artigos e servizos dos establecementos implicados, o showroom ofrecerá desfiles de comuñón, noiva, lencería, tocados ou ramos de noiva nos que os comercios poderán poñer en acción o seu traballo". 

"Para darlle aínda máis glamour a esta pasarela de moda online, teremos a sorte de contar na Finca Batacos coa presenza do chef Iñaki Bretal, cociñeiro do Eirado da Leña, primeiro Estrella Michelin de Pontevedra, que tamén protagonizará unha entrevista especial acompañado por unha servidora", engadíu.

Outra das novidades do evento será unha sección denominada Cámbiame, que permitirá seleccionar a un par de mulleres de a pé para sometelas a un cambio de imaxe, tanto por dentro como por fóra con productos dos negocios da cidade.

Comentarios