domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Simulacro de evacuación entre clase e clase

Imaxe do desaloxo do centro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - IES A Xunqueira II
Imaxe do desaloxo do centro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Máis de 650 estudantes do IES A Xunqueira II, xunto co equipo docente, ensaia o operativo en caso de incendio ou accidente escolar

Catro timbres resoan en aulas e corredores contra as nove e media da mañá, apenas unha hora despois de que tiveran empezado as clases no IES A Xunqueira II. Non é un son calquera. Significa que hai que evacuar o edificio de xeito inmediato, pero tampouco de calquera maneira. Afortunadamente trátase dun simulacro, pero tanto estudantes como docentes deben ter claro que é unha oportunidade inmellorable para ensaiar unha coreografía que esperan non ter que volver repetir en circunstancias reais.

Atención a un alumno 'ferido'. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - IES A Xunqueira IIEste martes foi a terceira ocasión na que se desenvolveu este exercicio –só suspendido en 2020 pola pandemia–, que se programa nalgunha data sorpresa durante o primeiro trimestre. Participaron máis de 650 estudantes –unha clase de 1º estaba nunha actividade fóra do recinto– e os profesores. O director do centro, Juan Carlos Pérez, admite que, pese a non ter avisado á comunidade educativa da data exacta, son moitos os rapaces que ao escoitar os catro timbres sospeitan que non hai que poñerse no peor. "Jugamos con la sorpresa, pero saben que es noviembre". Considera que "en España no hay sensación de riesgo, de pánico" e que quizais "no se toma en serio, pero siempre les digo que les puede parecer mentira, pero debemos ser lo más precavidos posible para responder como Dios manda" ao que poida pasar, aludindo, por exemplo, á erupción do volcán Cumbre Vieja en La Palma ou ao terremoto de Lorca (Murcia).

Nada máis resoar eses catro timbres as persoas dos andares superiores deben mobilizarse ordenadamente nos corredores cara as escaleiras máis próximas, pero sen descender ata que os ocupantes destas desaloxen os seus respectivos andares. Deben saír andando, sen correr, formando unha fila na parede exterior da aula e ir movéndose sempre arrimadas ás paredes e terán prioridade para baixar os ocupantes das aulas máis próximas ás escaleiras ou ás saídas de emerxencias. Finalmente, todos deberán acudir ao punto de encontro, nas pistas exteriores do instituto.

Punto de encontro, nas pistas exteriores. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - IES A Xunqueira II
[Punto de encontro, nas pistas exteriores. JAVIER CERVERA-MERCADILLO]

MENOS ESPECTACULAR. O simulacro non foi "tan espectacular" como en anos anteriores pola ausencia dos bombeiros, que "no pudieron asistir porque tenían mucho trabajo y personal de baja", polo que o protagonismo do rescate recaeu en Protección Civil.

"Simulamos un herido" que foi trasladado en brazos e practicóuselle unha RCP no medio dunhas escaleiras que, por ese motivo, quedaban inutilizadas.

Tralo simulacro realizouse unha reunión na que se apuntaron os asuntos nos que suspenderon. "Algunos docentes responsables de planta se olvidaron los chalecos identificativos y algunos alumnos bajaron con las mochilas y los ordendores de E-Dixgal, o tan tranquilos, y no se puede".

Simulacro de evacuación entre clase e clase
Comentarios
ç