viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Skate, pista de xeo e tobogán xigante nunha nova edición de Mundo Nadal

O Recinto Feiral volverá encherse dunha ampla oferta de ocio e lecer para cativos e mozos. DAVID FREIRE
O Recinto Feiral volverá encherse dunha ampla oferta de ocio e lecer para cativos e mozos. DAVID FREIRE
O programa de lecer infantil e xuvenil retorna ó Recinto Feiral con varias novidades

A feira Mundo Nadal regresa durante estas datas festivas a Pontevedra cunha programación máis ambiciosa que en anteriores edicións, ampliando de xeito considerable a zona adicada a lecer infantil e xuvenil. Así, o Recinto Feiral contará cunha gran pista de xeo, un tobogán xigante, unha pista de skate, multitude de inchables, zona game e diversos talleres, actuacións e espectáculos.

O evento está organizado por Diario de Pontevedra e patrocinado por Supermercados Froiz e BMW Celtamotor (coa colaboración de panaderías Acuña e da firma Setga), ademáis de contar co respaldo da Concellería de Promoción Económica e Turismo. Abrirá as súas portas ao público entre os días 20 de decembro e 7 de xaneiro, en horario de tarde, de 16.15 a 22.30 horas, se ben os colexios e outros grupos xa poden desfrutar das atraccións de Nadal ata o venres 20 en horario diúrno, de 9.00 a 14.00 horas.

Segundo avanza a concelleira de Yoya Blanco, "os días 24 e 31 de decembro haberá un horario especial, de 12.15 a 19.00 horas, mentres que o 5 de xaneiro as portas do Recinto abrirán de 12.15 a 17.00 horas".

Elsa, a protagonista de Frozen, dará un pequeno concerto e firmará autógrafos os días 29 de decembro e 7 de xaneiro

HORARIO DE PREZOS. O parque de lecer de Mundo Nadal terá horario de 16.15 a 21.30 horas, mentres que a pista de xeo poderá ser empregada entre as 16.30 e as 22.30 horas. A entrada ao recinto xeral é de un euro; á zona de ocio, tres euros, e á pista de patinaxe, de seis euros.

Ademais da oferta de lecer, os rapaces poderán saudar a Papá Noel os días 22 e 23 de decembro, quen acudirá ao Recinto Feiral de Pontevedra para recoller as cartas dos que aínda non tiveron oportunidade de enviala.

Será posible escribila alí mesmo nun obradoiro destinado a este propósito, e o propio barbudo de Laponia instalará un buzón no que depositalas, polo que non será necesario desplazarse ata unha oficina de Correos.

E, por suposto, os que o prefiran poderán contarlle a Papá Noel en persoa que é o que queren. Ao final, o importante -ademais de portarse ben durante todo o ano- é facerlle chegar a lista por calquera medio.

Outra visita norteña será a de Elsa, a protagonista de Frozen, que se desprazará desde Arandelle a Pontevedra, onde se deixará ver este domingo e os días 29 de decembro e 7 de xaneiro, xustamente no Recinto Feiral. A derradeira sensación de Disney dará un pequeno concerto en directo e firmará autógrafos despois.

Skate, pista de xeo e tobogán xigante nunha nova edición de Mundo...
Comentarios