sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

SmartPeme pon en marcha esta semana novos obradoiros impartidos por vía telemática

SmartPeme. DP
SmartPeme. DP
As accións versan sobre o emprego de Instagram e función Reels, a impresión 3D e a creación de tendas en liña

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online.

As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña. En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro Reels: a nova función de Instagram, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

O vindeiro mércores 20 será a quenda de Como utilizar Instagram para promover a túa empresa, que será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais.

Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica Manuel Freire impartirá Impresión 3D II: impresoras de filamento, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.

Por último, o venres 22, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña. 

SmartPeme pon en marcha esta semana novos obradoiros impartidos por...
Comentarios
ç