Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

'Somos historias, somos sostibles' achégase a varias praias da provincia

Stand itinerante pertenecente a esta campaña da Deputación. DP
Stand itinerante pertenecente a esta campaña da Deputación. DP

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña de sensibilización ambiental para concienciar, entre outras cousas, sobre o uso do plástico

A campaña de sensibilización ambiental Somos historias, somos sostibles, impulsada pola Deputación, achégase este mes ao Festival Revenidas e a diferentes praias da provincia. Así, este xoves desprazarase a Barosa (Barro) e o sábado estará en Vilaxoán; despois chegará ata a praia de Menduíña (Cangas) o día 22, á praia fluvial de Ponte Caldelas o día 27 e á praia de Montalvo (Sanxenxo) o día 30.

A través desta iniciativa, a institución provincial súmase ao rexeitamento dos plásticos e busca concienciar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. É unha campaña posta en marcha este verán e dirixida ós usuarios das praias, aos festivais RíasBaixasFests e ás Festas de Interese Turístico da provincia. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a necesidade da recollida dos residuos máis nocivos nestes entornos: as cabichas e os plásticos.

Somos historias, somos sostibles consiste nunha acción na que o público recolle cabichas e plásticos e, a cambio, poden beneficiarse de sorteos de entradas para festivais na edición de 2019 ou outro tipo de premios similares. En cada lugar a onde se achega a iniciativa, móntase unha carpa de recepción personalizada, onde persoal técnico informa sobre os perigos dos plásticos e proporciona envases de cartón ecolóxico e reciclable para recoller as cabichas e pequenos residuos.

'Somos historias, somos sostibles' achégase a varias praias da...
Comentarios